Suxerímosche a receita de Risotto con cogomelos para o Día de San Valentín

Receita de Risotto con cogomelos para San Valentín

11 de febreiro de 2022

Queres preparar unha receita por San Valentín e aínda non te decidiches? Temos o que lle gusta a esa persoa tan especial. Un Rissotto de Cogomelos que será un acerto seguro. Sorpréndeo ou sorpréndea coa mesa posta. Divertídevos cociñándoo xuntos!

Sigue o noso paso a paso para un resultado delicioso e... A gozar da celebración!

Sigue o paso a paso da nosa Receita de San Valentín

Ingredientes para 2 persoas

  • 160g de arroz risotto.
  • 3 dentes de allo.
  • 1 folla de loureiro.
  • 1 cebola doce.
  • 600ml de caldo de verduras.
  • 225g de refogado de setas.
  • 25g de manteiga.
  • 50g de queixo parmesano.
  • 75ml de viño branco.
  • Ceboliño.
  • Aceite de oliva.
  • Pementa negra.
  • Sal en escamas.

Paso a paso:

1. Nunha pota co lume apagado, engade a manteiga, o loureiro, os dentes de allo chafados e a cebola picada.

Imagen Texto 1 Receta San Valentin

Imagen Texto 2 Receta San Valentin

Imagen Texto 3 Receta San Valentin

2. Acende o lume no mínimo. Remove e bota sal e pementa.

Imagen Texto 4 Receta San Valentin

3. Cando vexas a cebola transparente, engade os cogomelos. Refoga a lume medio/baixo durante uns 5 minutos, ata que estean completamente desconxelados e liberaran parte dos seus zumes.

Imagen Texto 5 Receta San Valentin

4. Engade o arroz e un chorriño de aceite de oliva. Remove.

Imagen Texto 6 Receta San Valentin

Imagen Texto 7 Receta San Valentin

5. Cando o arroz comece a estar transparente, engade o viño branco. Non deixes de remover ata que notes que se evapora o alcohol.

Imagen Texto 8 Receta San Valentin

6. Engade o caldo moi quente en pequenas cantidades. Mentres se bota, nunca se debe deixar de remover o arroz.

Imagen Texto 9 Receta San Valentin

7. Corrixe de sal, remove e engade caldo ata que o arroz quede al dente e cunha textura cremosa.

8. Engade unha noz de manteiga e o queixo relado. Remove con enerxía ata que todo se mesture ben. Tapa e deixa repousar 5 minutos.

Imagen Texto 10 Receta San Valentin

Imagen 11 Receta San Valentin Texto

9. Termina o prato con pementa negra acabada de moer, queixo en lascas, ceboliño picado e un chorriño de aceite de oliva.

Imagen Texto 12 Receta San Valentin

Outras recomendacións

Se prefires outras receitas románticas, elixe a túa preferida na nosa sección de receitas.