Empregado de Atención ao Cliente de Mercadona a traballar co computador

Política de Privacidade

 

I. IDENTIFICACIÓN

  • Titular: MERCADONA, SA  (de aquí en diante, “MERCADONA”)
  • CIF: A-46.103.834
  • Domicilio social:  Rúa Valencia nº 5, Tavernes Blanques (Valencia)
  • Rexistro Público: Inscrita no Rexistro Mercantil de Valencia, tomo 3073, xeral 389 da Sección Xeral do Libro de Sociedades, folio 170, folla número V-5581
  • Teléfono de contacto: 800 500 220

II. OBXECTO

Con estas condicións de uso MERCADONA pretende que todos os usuarios finais coñezan cales son os seus dereitos e as súas obrigas dende o momento en que visitan os seus perfís sociais en Facebook e Twitter, entre outros.

Do mesmo xeito, MERCADONA informa aos usuarios respecto de cales son os seus dereitos e cales son as súas obrigas en relación cos contidos expostos a través dos seus perfís sociais, logotipos e marcas utilizadas, así como as responsabilidades que poden derivarse do uso do servizo.

Todo usuario que visite os perfís sociais de MERCADONA acepta expresamente e de forma inequívoca as presentes condicións de uso e a política de privacidade, así como as diferentes modificacións e/ou textos legais adicionais que sexan incluídos no futuro. No caso de que non estea de acordo con algunha das condicións, pode deixar de seguir ou interactuar co perfil social de MERCADONA en calquera momento, aplicando o procedemento específico de cada rede social.

Para os efectos da interpretación das presentes condicións, entendemos que unha persoa pasa a ser usuaria no momento en que esta acepta as condicións de uso e a política de privacidade enlazadas no perfil social de MERCADONA, e basta para iso que visite o perfil.

III. RESPONSABILIDADES

MERCADONA está profundamente comprometida con que o servizo funcione correctamente e conforme ás condicións acordadas cos usuarios. Non obstante, en ocasións é posible que se produzan, (especialmente pola intervención de terceiros mal intencionados), situacións das que se puidesen derivar responsabilidades.

Neste sentido, a continuación, indícanse aquelas situacións, a título enunciativo, pero non limitativo, nas que MERCADONA non se fai responsable das actuacións dos usuarios, asumindo estes todas as responsabilidades que puidesen derivarse:

No caso de que apareza publicada na rede social calquera información que non fose publicada ou compartida por parte de MERCADONA, ou que, se é o caso, fose publicada por un terceiro alleo.

No caso de que a rede social non estea operativa por razóns técnicas imputables ao dono da propia plataforma, a terceiros ou a causas imprevisibles ou de forza maior; estas circunstancias son responsabilidade da rede social ou, se é o caso, do terceiro.

No caso de que a rede social modifique as súas condicións de uso, políticas de privacidade ou modo de funcionamento, sendo estas circunstancias responsabilidade da rede social.

No caso de que o usuario almacene, difunda, publique ou distribúa na rede social calquera tipo de material difamatorio, inxurioso, discriminatorio, que incite á violencia ou que sexa contrario á moral, á orde pública, aos dereitos fundamentais, ás liberdades públicas, ao honor, á intimidade ou á imaxe de terceiros.

No caso de que o usuario utilice a rede social para introducir datos, virus ou código malicioso nos equipos de MERCADONA ou de calquera outro usuario.

No caso de que calquera dos contidos accesibles a través dos perfís sociais de MERCADONA fose contrario á normativa vixente, este comprométese a proceder á súa retirada inmediata, tan pronto teña coñecemento desta situación.

MERCADONA non se compromete a informar aos usuarios cando os seus comentarios e as súas publicacións sexan obxecto de edición e/ou moderación; non obstante, MERCADONA poderá advertir e tomar as medidas oportunas para suspender e expulsar os usuarios que envíen contido non apropiado periódica e sistematicamente. A aqueles usuarios que leven a cabo as mencionadas condutas en máis dunha ocasión, e que foran suspendidos ou expulsados do servizo con anterioridade, poderáselles impedir o uso do perfil social con carácter indefinido; isto supón a expulsión definitiva do programa e o bloqueo permanente do usuario.

Así mesmo, MERCADONA non garante a veracidade, fiabilidade, vixencia ou integridade do contido de terceiros que contén o seu perfil social ou calquera sitio enlazado. MERCADONA non é responsable do contido dos sitios web non operados por MERCADONA.

O perfil social de MERCADONA pode incluír opinións, recomendacións ou manifestacións de terceiros, que non reflicten necesariamente as opinións de MERCADONA nin indican o seu compromiso cunha determinada liña de actuación.

A información proporcionada a través do perfil de MERCADONA nas redes sociais non debe considerarse en ningún caso asimilable ao asesoramento profesional e presencial prestado por parte de MERCADONA. Os usuarios deberán solicitar asesoramento profesional apropiado en relación coas súas circunstancias e consultas concretas, para así lograr a máxima eficacia das medidas adoptadas. En ningún caso a información facilitada a través de medios sociais poderá ser considerada unha alternativa á información proporcionada persoalmente por parte de MERCADONA.

MERCADONA recomenda aos usuarios que actúen con cautela, sentido común e sensatez ao utilizar o seu perfil social e que avalíen minuciosamente a veracidade, vixencia, integridade e pertinencia da información publicada a través deste para os seus fins. Toda decisión que os usuarios adopten baseándose na devandita información correrá estritamente pola súa conta e risco.

IV. PUBLICACIÓNS

O usuario, unha vez que comece a seguir o perfil social de MERCADONA, poderá publicar comentarios, enlaces, imaxes ou fotografías ou calquera outro tipo de contido, segundo as condicións da propia rede social. O usuario, en todos os casos, debe ser o titular destes, gozar dos dereitos de explotación de propiedade intelectual ou contar co consentimento dos terceiros afectados.

O usuario que decida compartir contidos no perfil social de MERCADONA, debe ser consciente de que as súas publicacións serán accesibles e polo tanto coñecidas polos outros usuarios, polo que el mesmo será o único responsable destas, así como das implicacións que isto puidese ter para a súa privacidade.

Prohíbese expresamente calquera publicación no perfil social de MERCADONA que atente ou sexa susceptible de atentar contra a moral, a ética, o bo gusto ou o decoro, e/ou que infrinxa, viole ou quebrante os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, o dereito á imaxe, a privacidade ou a normativa vixente. Nestes casos, MERCADONA reserva o dereito a retirar o contido e pode solicitar o bloqueo permanente do usuario que levou a cabo a publicación deste.

Neste sentido, os contidos, as opinións ou as respostas a preguntas publicados, expresados ou enviados polos creadores, patrocinadores, anunciantes ou usuarios do perfil de MERCADONA, distintos do contido proporcionado por MERCADONA, son opinións e responsabilidade exclusiva da persoa que os envía e non reflicten necesariamente as opinións de MERCADONA, que non é responsable do contido que publiquen, colguen, distribúan, difundan ou transmitan terceiros a través do perfil oficial de MERCADONA.

Do mesmo xeito, MERCADONA reserva o dereito a non responder individualmente aos comentarios e ás mensaxes recibidas a través do seu perfil, así como a non seguir a todos os usuarios que comecen a seguir o seu perfil social.

Determinada información recollida nos perfís de MERCADONA pode conter declaracións prospectivas, incluídas, a título simplemente enunciativo pero non limitativo, as declaracións que son predicións ou indicativas de futuros acontecementos, tendencias, plans ou obxectivos. Non é recomendable que o usuario se ateña única e exclusivamente a estas declaracións xa que, pola súa natureza, están suxeitas a incertezas e riscos coñecidos e descoñecidos. Por todo o exposto, MERCADONA non asume ningunha obriga de comunicar publicamente as actualizacións ou revisións destas declaracións prospectivas, ben sexa para reflectir nova información ou futuros acontecementos ou circunstancias ou para outros fins.

Para respostas a preguntas, queixas ou reclamacións, consulte o sitio web corporativo de MERCADONA en https://info.mercadona.es/gl/atencion-ao-cliente onde están dispoñibles as canles de información pertinentes.

VI. PUBLICIDADE

MERCADONA utilizará os seus perfís nas redes sociais para publicitar os seus propios produtos e servizos. En todo caso, se MERCADONA decidise tratar os seus datos de contacto (perfil de usuario da rede social e/ou correo electrónico) para realizar accións directas de prospección comercial, será sempre cumprindo coas esixencias legais da LOPD, do RXPD e da LSSI-CE.

Non terá consideración de publicidade o feito de recomendar a outros usuarios os perfís sociais de MERCADONA para que tamén eles poidan estar informados da súa actividade.

VII. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

MERCADONA está profundamente comprometido coa protección e defensa dos dereitos de propiedade intelectual e industrial. Por iso, informa que:

En ningún caso poderá entenderse que cede aos usuarios ningún dereito de explotación sobre os contidos expostos máis alá do estritamente necesario para a visualización destes.

Todos os logotipos, marcas e nomes comerciais expostos a través do sitio web ou da plataforma, son propiedade de MERCADONA e a súa utilización está condicionada polas normas corporativas da Compañía, e/ou o disposto por aqueles terceiros que permitan a súa utilización e/ou explotación.

Baixo ningún concepto a navegación a través dos perfís sociais de MERCADONA pode supoñer a renuncia, transmisión, licenza ou cesión total ou parcial respecto dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, salvo que se estableza por escrito o contrario.

No que respecta aos enlaces ou hiperenlaces, é posible que faciliten o acceso a sitios web de terceiros independentes que están directamente relacionados coa publicidade mostrada e reproducida a través do perfil social. Ao non ser páxinas de propiedade de MERCADONA e sobre as que teña control, MERCADONA non se fai responsable dos contidos e/ou do funcionamento destas.

No caso de que calquera detecte algún tipo de contido contrario á normativa vixente ou que pode ser daniño para os usuarios, MERCADONA roga que se lle notifique o antes posible no seguinte enderezo: dpo@mercadona.es

VIII. CONFIDENCIALIDAD E PROTECCIÓN DE DATOS

En conformidade co disposto no  REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 27 de abril de 2016, de protección de datos de carácter persoal, MERCADONA informa aos usuarios que, os datos que facilitan a través dos perfís sociais de MERCADONA, así como a información referida a preferencias ou outros datos de interese comercial, serán incorporados a un Ficheiro titularidade de MERCADONA, SA, cuxa finalidade é a xestión das relacións cos clientes, clientes potenciais e seguidores das contas sociais de MERCADONA; delimitación das súas preferencias e necesidades, a remisión de información corporativa, comercial, publicitaria e de promoción. Así mesmo os seus datos poderán ser tratados no marco da elaboración de estudos de mercado, avaliación nivel de aceptación de produtos e estudos de necesidades da poboación obxectiva, así como outras análogas, derivadas da relación que MERCADONA ten co usuario.

MERCADONA advirte ao usuario de que só é responsable e garante a confidencialidade, seguridade e tratamento dos datos, respecto dos datos de carácter persoal que recolla do usuario a través da presente páxina ou do presente perfil nesta rede social; non ten ningún tipo de responsabilidade respecto dos tratamentos e posteriores utilizacións dos datos persoais que puidesen efectuarse tanto por parte do titular da rede social, como por terceiros que puidesen acceder a tales datos a través dos perfís públicos nas diferentes redes sociais.

Informámolo de que, conforme á lexislación vixente, o usuario poderá exercitar, entre outros, os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito a MERCADONA, SA (Asesoría Xurídico Procesos) R/ Valencia nº 5, de Tavernes  Blanques (Valencia), CP 46016 (de aquí en diante, o “Enderezo”) ou se dispón de sinatura dixital expedida pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, a través do formulario de atención ao cliente. En calquera momento e de maneira gratuíta, os seguintes dereitos:

O exercicio do dereito de acceso dependerá da funcionalidade da rede social e das posibilidades de acceso á información dos perfís dos usuarios. En relación ao acceso de rectificación, recordámoslle que só poderá satisfacerse en relación a aquela información que estea baixo o control de MERCADONA (por exemplo, eliminar comentarios publicados na propia páxina). Sobre os dereitos de cancelación e oposición, só poderán satisfacerse en relación a aquela información que estea baixo o control de MERCADONA.

Ademais, poderá deixar de interactuar, seguir ou recibir información dos perfís sociais de MERCADONA, eliminar os contidos que deixen de interesarlle ou restrinxir con quen comparte as súas conexións, mediante os mecanismos estipulados polas diferentes redes sociais.

O usuario pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade das propias redes sociais, así como configurar o seu perfil para garantir a súa privacidade. MERCADONA anima aos usuarios a familiarizarse coas condicións de uso das devanditas redes antes de comezar a usalas.

Igualmente, recomendamos ao usuario que acceda á política de privacidade de MERCADONA, para coñecer as políticas de tratamentos de datos en https://info.mercadona.es/gl/inicio-gl

IX. RESOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao perfil social de MERCADONA, será de aplicación a lexislación española, e son competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente perfil social, os Xulgados e Tribunais de Valencia, sempre que a lexislación aplicable non dispoña expresamente que a competencia debe corresponder aos xulgados ou tribunais doutro foro.

 Para presentar reclamacións no uso dos servizos de MERCADONA, poden dirixirse por correo ao enderezo electrónico ou físico arriba indicado, e debe recorrer en todo caso a unha solución amigable en primeira instancia.

Última actualización: 11/07/2023

Copyright © MERCADONA S.A. Todos os dereitos reservados.