"O Xefe"
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.

Dende 1993 Mercadona basea todas as súas decisións no seu Modelo de Calidade Total que busca satisfacer por igual e coa mesma intensidade os cinco compoñentes da empresa: “O Xefe”, como internamente denomina o cliente, O Traballador, O Provedor, A Sociedade e O Capital.
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.
Para poder satisfacer os seus clientes, Mercadona tamén procura satisfacer o Traballador. Para iso aplica un modelo de Recursos Humanos baseado na estabilidade, a formación e a promoción interna, entre outros valores.
Mercadona traballa conxuntamente cos seus provedores especialistas para ofrecer unha Oferta Eficaz desenvolvida para e xunto ao “Xefe” (cliente).
Para cumprir coa misión da empresa é necesario satisfacer a Sociedade contribuíndo ao seu desenvolvemento e progreso de forma eficiente, responsable e sostible.
O beneficio sempre chega tras satisfacer o resto dos compoñentes da empresa. Un proxecto de empresa sostible que xere prosperidade compartida cos cinco compoñentes.