"O Xefe"
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.
Unha iniciativa transformadora baseada no crecemento compartido para xerar un impacto social que cree progreso e desenvolvemento responsable
Mercadona busca contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas e a innovar para transformar a sociedade, a través dunha visión conxunta compartida por todos os que forman o proxecto Mercadona: “Ser unha empresa que a xente queira que exista e sinta orgullo dela”.
Para iso, fomenta un comportamento responsable e unha actitude de transparencia e diálogo que lle permite á compañía impulsar medidas que contribúen a mellorar os ámbitos nos que desenvolve a súa actividade.
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.
Para poder satisfacer os seus clientes, Mercadona tamén procura satisfacer o Traballador. Para iso aplica un modelo de Recursos Humanos baseado na estabilidade, a formación e a promoción interna, entre outros valores.
Mercadona traballa conxuntamente cos seus provedores e interprovedores especialistas de produto para ofrecer unha Oferta Eficaz desenvolvida para e xunto ao “Xefe” (cliente).
Para cumprir coa misión da empresa é necesario satisfacer a Sociedade contribuíndo ao seu desenvolvemento e progreso de forma eficiente, responsable e sostible.
O beneficio sempre chega tras satisfacer o resto dos compoñentes da empresa. Un proxecto de empresa sostible que xere prosperidade compartida cos cinco compoñentes.