"O Xefe"
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.

O Capital ten que satisfacer o resto dos compoñentes do Modelo, estando tamén totalmente satisfeito e comprometido
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.
Para poder satisfacer os seus clientes, Mercadona tamén procura satisfacer o Traballador. Para iso aplica un modelo de Recursos Humanos baseado na estabilidade, a formación e a promoción interna, entre outros valores.
Mercadona traballa conxuntamente cos seus provedores especialistas para ofrecer unha Oferta Eficaz desenvolvida para e xunto ao “Xefe” (cliente).
Para cumprir coa misión da empresa é necesario satisfacer a Sociedade contribuíndo ao seu desenvolvemento e progreso de forma eficiente, responsable e sostible.
O beneficio sempre chega tras satisfacer o resto dos compoñentes da empresa. Un proxecto de empresa sostible que xere prosperidade compartida cos cinco compoñentes.