"O Xefe"
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.
O talento de 104.000 persoas comprometidas coa excelencia
Mercadona conta cun cadro de persoal de 104.000 persoas, 5.300 delas en Portugal, altamente comprometidas e que comparten a paixón pola excelencia no servizo. Para acadar esta motivación e rendemento, a compañía basea a súa política de Recursos Humanos na verdade universal de que “para poder recibir, primeiro hai que dar”. Para conseguilo, a compañía mantén unha política de Recursos Humanos que fomenta valores irrenunciables e esenciais para as persoas:
O Traballador, que é quen ten que satisfacer “O Xefe”, ten que estar á súa vez satisfeito porque o único que é difícil de imitar é a excelencia no servizo.
O principal obxectivo de Mercadona é que "O Xefe" (cliente) estea sempre satisfeito. Para iso “O Xefe” fica no centro de todas as decisións da empresa.
Para poder satisfacer os seus clientes, Mercadona tamén procura satisfacer o Traballador. Para iso aplica un modelo de Recursos Humanos baseado na estabilidade, a formación e a promoción interna, entre outros valores.
Mercadona traballa conxuntamente cos seus provedores e interprovedores especialistas de produto para ofrecer unha Oferta Eficaz desenvolvida para e xunto ao “Xefe” (cliente).
Para cumprir coa misión da empresa é necesario satisfacer a Sociedade contribuíndo ao seu desenvolvemento e progreso de forma eficiente, responsable e sostible.
O beneficio sempre chega tras satisfacer o resto dos compoñentes da empresa. Un proxecto de empresa sostible que xere prosperidade compartida cos cinco compoñentes.