Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Bloc de notas y teclado de portátil

Termos e Condicións

Identificación do titular da Web

MERCADONA, S.A. (en adiante Mercadona) con enderezo social en Tavernes Blanques (Valencia), R/ Valencia nº 5, inscrita no Rexistro Mercantil de Valencia, tomo 3073, xeral 389 da Sección Xeral do Libro de Sociedades, folio 170, folla número V – 5581, e provista do N.I.F. A-46.103.834 é a titular da Web (en adiante “Web” ou “sitio” indistintamente).

Ao navegar polas nosas páxinas vostede acepta que o seu uso se rixe de acordo coas condicións descritas a seguir. Se non está de acordo, por favor non acceda, navegue ou empregue o Sitio Web.

Mercadona resérvase o dereito a modificar a presentación, configuración e contidos da Web, así como a modificar total ou parcialmente os seus Termos e Condicións, informando neste caso diso ao usuario.

Se vostede ten algunha pregunta ou comentario sobre as condicións de uso do Mercadona pode contactar connosco incluíndo ligazón ao formulario.

Uso do sitio

Pode utilizar a información que está dispoñible no sitio Mercadona soamente para uso persoal e non a pode empregar para o seu uso comercial, agás que se indique o contrario. Para calquera uso con fins comerciais (por exemplo, a reproducción), o usuario deberá obter previamente a autorización de Mercadona e asinar un acordo. 

Non está permitido un uso da Web contrario á lei e, en particular, para os seguintes usos (menciónanse a título meramente enunciativo e non limitativo):

  • para causar engano aos demais
  • para atentar contra a moralidade pública
  • para violar dereitos de propiedade intelectual ou dereitos similares
  • para cargar de contido que contén virus ou outros programas que poidan danar o seu computador
  • para transmitir, almacenar ou cargar hipervínculos/hiperligazóns ou contidos sobre os que o usuario non ten dereito, especialmente cando ditas ligazóns ou contidos son ilegais e violan a lei de protección de datos persoais
  • para distribuír publicidade ou correos electrónicos non solicitados (coñecidos como spam).

Dereitos de propiedade industrial e intelectual.

Todos os logotipos, marcas e nomes comerciais expostos no sitio web, son propiedade de Mercadona e a súa utilización encóntrase condicionada polas normas de empresa de Mercadona.

Os artigos, información e outros materiais deste sitio están protexidos pola lei de Propiedade Industrial e/ou Intelectual. Isto significa que non se pode (agás o disposto nestas condicións e a lei aplicable) modificar, copiar, reproducir, engadir ou usar calquera sitio de información ou documentación sen o consentimento por escrito de Mercadona.

As ligazóns a sitios web de terceiros

A páxina web de Mercadona pode conter ligazóns a páxinas web a terceiros. Mercadona non se fai responsable do contido da ligazón de ditas páxinas. Os riscos derivados da utilización destas páxinas van por conta e responsabilidade do usuario.

Responsabilidade

Mercadona é titular deste sitio web e, agás que se indique o contrario, de todos os contidos incluídos no mesmo. Mercadona quere que a información do sitio web estea actualizada e sexa precisa, e correxirá todos os erros que lle sexan comunicados.

Porén, o contido non constitúe ningunha relación contractural, polo que Mercadona non será responsable de calquera perda ou dano sufrido por calquera usuario en relación á información contida neste sitio.

Calquera intento de mudar a información ou calquera outra acción que poida danar ou pór en perigo a integridade do lugar, están estritamente prohibidos.

Empregamos o software SSL (Secure Sockets Layer) para protexer a súa información durante a transferencia. O protocolo SSL é un protocolo de transferencia de datos en Internet probado e moi seguro.

Resolución de conflitos.

Para os conflitos de interpretación e execución derivados do uso da Web será de aplicación a lexislación española vixente e os Xulgados e Tribunais de España, sempre que a normativa vixente ao efecto prevea a posibilidade de que as partes poidan someterse a un foro determinado.

Última actualización: 25 de Noviembre de 2.016

© MERCADONA, S.A. Todos os dereitos reservados