Ensinámosche a preparar a nosa saborosa Receita de Tacos mexicanos, é moi fácil!

Prepara uns Tacos mexicanos dignos da mellor taquería de México

24 de xaneiro de 2024

Gústanche os Tacos mexicanos? Este é un dos pratos emblemáticos da cociña mexicana, estendido por todo o mundo. Coa nosa receita paso a paso, vas aprender a preparalos como nunca os probaches.

A orixe desta deliciosa preparación remóntase á Antigüidade, cando os habitantes do que hoxe coñecemos como México utilizaban tortillas de millo como a forma máis adecuada de apoiar, envolver e transportar alimentos.

En México, os tacos énchense cunha ampla variedade de ingredientes, que van dende polo ata marisco e peixe, pasando por porco, tenreira e opcións vexetarianas como frijoles (feixóns), fungos e verduras frescas.

Se segues as nosas indicacións, aprenderás a preparar uns auténticos Tacos mexicanos co sabor da mellor taquería de México. Sen saír da túa cociña, directos á túa mesa para deleitar a familiares e amigos. Sigue lendo!

Paso a paso para preparar a nosa receita de Tacos mexicanos

Ingredientes para os tacos mexicanos (4 persoas)

  • 1 kg de faceira de porco.
  • Aceite de oliva.
  • 2 cebolas doces.
  • 4 dentes de allo.
  • 4 g de xenxibre.
  • 1 culleradiña de pementa negra en gran.
  • 1 caiena.
  • 150 ml de viño branco.
  • 2 laranxas.
  • 1 limón.
  • Sal.
  • 1 folla de loureiro.
  • 2 tomates pera.
  • Coandro.
  • 1 culleradiña de pemento picante.
  • 1 culleradiña de comiño moído.
  • Minitortillas de trigo.

Ingredientes para a crema de aguacate

  • 1 aguacate.
  • Sal.
  • 1 lima.

Ingredientes para a crema de nata agre

  • 200 ml de nata fresca.
  • 1 lima.

Ingredientes para a cebola en vinagre

  • 2 cebolas vermellas.
  • Sal.
  • 1 culleradiña de pementa negra en gran.
  • 2 cravos.
  • 1 folla de loureiro.
  • 2 limas.
  • 40 ml de vinagre de mazá.
  • Auga morna.

Paso a paso

1. Nunha pota a presión, marca as faceiras salpementadas por ambos os dous lados ata que douren. Resérvaas.

Paso 1 Tacos mexicanos: marcar las carrilladas salpimentadas por ambos lados hasta que doren

2. No aceite sobrante incorpora a cebola cortada, os dentes de allo enteiros e o anaco de xenxibre coas bólas de pementa e a caiena.

Paso 2 Tacos mexicanos: incorporar la cebolla cortada, los dientes de ajo enteros y el trozo de jengibre

3. Refoga o conxunto un par de minutos e engade o pemento e o comiño. Dálle un par de voltas e, enseguida, engade os tomates cortados en anacos.

Paso 3 Tacos mexicanos: Saltear el conjunto un par de minutos y añadir el pimentón y el comino

Paso 3B Tacos mexicanos: añadir los tomates cortados en trozos

4. Pasados 2 minutos, incorpora o viño branco para desglasar e, deseguida, o zume de laranxa e o de limón. Rectifica de sal.

Paso 4 Tacos mexicanos: Incorporar el vino blanco para desglasar

Paso 4B Tacos mexicanos: Incorporar zumo de naranja y el de limón

5. En canto evapore o alcohol do viño, volve introducir as faceiras na pota xunto á folla de loureiro.

Paso 5 Tacos mexicanos: Introducir las carrilladas

Paso 5B Tacos mexicanos: Introducir hoja de laurel

6. Tapa a pota a presión e cociña uns 45 minutos dende que comece a asubiar.

Paso 6 Tacos mexicanos: Tapar la olla exprés y cocinar unos 45 minutos

7. Mentres se cociñan as faceiras, prepararemos os aderezos dos nosos tacos:

Paso 7 Tacos mexicanos: prepararemos los aderezos de nuestros tacos

  • Crema de aguacate: machuca o aguacate cun garfo e mestura cun chisco de sal e o zume da lima.
  • Crema de nata agre: mestura, con enerxía, a nata fresca co zume da lima. Tapa con papel filme e reserva durante 2 horas na neveira.
  • Cebola en vinagre: corta as cebolas á xuliana e mestura con sal, os grans de pementa negra, o cravo, a folla de loureiro, o zume de lima, o vinagre e unha pouca auga morna. Tapa con papel filme e reserva 2 horas na neveira.

8. Destapa a pota cando perdera a presión, separa as faceiras da salsa e esmigállaas.

Paso 8 Tacos mexicanos: separar las carrilladas de la salsa y desmigarlas

9. Tritura a salsa cun batedor e cóaa. Leva o resultante a unha cazola ao lume e comeza a reducir.

Paso 9 Tacos mexicanos: Triturar la salsa con una batidora

Paso 9B Tacos mexicanos: Reducir la salsa

10. En canto a salsa teña a textura adecuada, incorpora a faceira esmigallada, mestura e reserva.

Paso 10 Tacos mexicanos: incorporar la carrillada desmigada, mezclar y reservar

11. Quenta na tixola as minitortillas de trigo, volta e volta, 15 segundos por cada lado.

12. Sirve coa carne no centro, unha pouca crema de aguacate, a crema de nata agre, cebola en vinagre e coandro picado.

Paso 12 Tacos mexicanos: montar taco mexicano con la carne y el resto de ingredientes

Paso 12B Tacos mexicanos: emplatar el taco mexicano

Outras recomendacións

Mira estas outras suxestións de Tacos que podes preparar coas nosas Minitortillas de trigo.

Propoñémosche outra receita de inspiración mexicana: Tacos de atún con aguacate.

Se che gustan os sabores picantes, proba o noso Chili con carne e aproveita a súa facilidade de preparación e consumo.