Probaches a Ensalada de arroz con pementos? É moi fácil e rápida de preparar, está realmente deliciosa e podes gozala en calquera das túas comidas ou ceas. Tamén leva alcaparras, olivas e anchoas. Apunta esta receita fresca e lixeira para o verán! Apetéceche?
Sigue o paso a paso para a receita de Ensalada de arroz con pementos
Ingredientes para 4 persoas:
- 300 g de arroz ensaladas e gornición.
- 150 g de pemento asado.
- 1 folla de loureiro.
- 50 g de piñóns.
- 20 olivas verdes sen óso.
- 20 alcaparras.
- 1 lata anchoas.
- Grana padano.
- Carochos torrados.
- Sal en escamas.
- Aceite de oliva virxe extra.
Paso a paso:
1. Coce o arroz coa folla de loureiro en auga durante 17 minutos. Engade sal.
2. Unha vez cocido, deixa arrefriar durante 30 minutos.
3. Corta as olivas verdes.
4. Nunha tixola cun pouco aceite, doura os piñóns.
5. Nun cunco grande, incorpora o arroz e engade as alcaparras, as olivas, o pemento asado e as anchoas.
6. Mestura todo.
7. Sirve en pratos individuais e coroa con carochos, co grana padano e cos piñóns torrados.
Outras recomendacións
Se buscas máis receitas frescas para este verán, suxerímosche a nosa Pipirrana con carochos.