AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Ensinámosche a preparar unha deliciosa sopa de verduras dentro da nosa xornada de Novos Hábitos. Sigue o vídeo paso a paso.

Receita de Sopa de Kale, Bimi e Leituga

25 de xaneiro de 2019

Se empezaches o ano con Novos Hábitos temos unha receita ideal para os teus xantares e as túas ceas: unha apetecible sopa de verduras que che axudará a combater o frío do inverno e que che preparará para os meses da primavera e do verán.

A Sopa de Kale, Bimi e Leituga con queixo fresco batido desnatado é unha excelente maneira de consumir as imprescindibles verduras, un primeiro prato perfecto.

Sigue o vídeo paso a paso da receita de Sopa de Kale, Bimi e Leituga:

Ingredientes para 4/6 persoas:

  • 1/4 cuarto de cebola.
  • 1 dente de allo.
  • 200 g de kale.
  • 200 g de bimi.
  • 1/2 leituga iceberg.
  • 3 culleradiñas de queixo fresco desnatado.
  • Popurrí de pementas.
  • Aceite de oliva virxe extra.
  • Sal.
  • Auga mineral.

Paso a paso:

Se queres seguir o proceso paso a paso, presta atención á elaboración completa desta deliciosa sopa.

1. Cocer o kale durante uns 12 minutos.

Paso 1 Imagen sopa Kale

2. Cocer o bimi durante 7 ou 8 minutos.

Paso 2 Imagen sopa Kale

3. Limpar as verduras e escaldar media leituga nun litro e medio de auga mineral fervendo durante un minuto.

Paso 3 Imagen sopa Kale

4. Reservar os talos de bimi xa cocidos e cortalos en taquiños.

paso 4 Imagen sopa Kale

5. Cortar a cebola moi fina.

paso 5 Imagen sopa Kale

6. Triturar o dente de allo.

paso 6 Imagen sopa Kale

7. Nunha pota ou cazola grande botar un chorriño de aceite e sofritir a lume medio a cebola e o allo picadiños.

paso 7 Imagen sopa Kale

8. Triturar nun vaso americano a leituga, o kale e o bimi xunto coa auga que reste da cocción.

paso 8 Imagen sopa Kale

9. Mesturar na pota coa cebola e co allo e salpementar.

paso 9 Imagen sopa Kale

10. Botar dúas culleradiñas do queixo batido e deixar cocer a lume lento uns 5 minutos. A sopa debe quedar á metade do camiño entre unha sopa líquida e unha crema.

paso 10 Imagen sopa Kale

11. Servir nun cunco e engadir unha cullerada de queixo, un chorriño de aceite, un pouco máis de pementa e os taquiños crocantes de bimi.

paso 11 Imagen sopa Kale

Outras recomendacións

Probaches o delicioso Aceite de Aguacate? Ideal para aliñar ensaladas, cremas, etc.