Propoñémosche a forma máis deliciosa de gozar Eurovisión, con pratos típicos dos países participantes.

Saborea Eurovisión 2024 con pratos típicos dos países participantes!

06 de maio de 2024

Xa chega a semana de Eurovisión e a emoción está no aire! Quen pasará á final? Quen gañará? Aproveitando esta gran competición musical, propoñémosche unha deliciosa forma de gozala: é hora de mergullarse na diversidade culinaria dos países participantes.

Invitámosche a emprender unha viaxe gastronómica que complemente o musical. Preparamos unha rica selección de pratos tradicionais dalgúns dos países que participan en Eurovisión, así como do país invitado.

A selección de receitas perfecta para Eurovisión 2024!

Reúne os teus amigos e familiares, prepara estes deliciosos pratos e goza dunhas noites cheas de música, diversión e boa comida. Que empece o espectáculo!

Italia

Comida italiana para Eurovisión: Spaghetti Carbonera

O país da pasta e da pizza ten variedade gastronómica para dar e vender. Para o grande evento musical eliximos unha receita clásica que nunca desafina: Espaguetes Carbonara, unha combinación perfecta de pasta al dente cunha cremosa salsa de ovo, touciño entrefebrado, queixo e pementa negra.

Grecia

Comida griega para Eurovisión: Musaka griega

Embárcate nunha viaxe culinaria polos sabores frescos da cociña grega. Para non perder nunca o compás, nada mellor que a típica Musaca grega, un gratinado de berenxenas, carne picada e salsa de tomate, coroado cunha rica bechamel.

España

Comida española para Eurovisión: Huevos poché con jamón ibérico y patatas panadera

España é outro destino de gran riqueza musical e gastronómica, chea de contrastes. Non é fácil elixir un prato típico, pero propoñémosche saborear a exquisitez dos Ovos escalfados con xamón ibérico e patacas panadeira, unha combinación única de suavidade e auténtico sabor ibérico.

Alemaña

Comida alemana para Eurovisión: Perritos calientes alemanes

Igual que a súa música, a cociña alemá reflicte a diversidade con pratos icónicos. Non perdas os clásicos Bocadillos de salchichas alemáns, un pracer irresistible en cada bocado. Ideal para celebrar a gran semana eurofán na compañía das túas amizades!

Portugal

Comida portuguesa para Eurovisión: Polvo a la Lagareiro

A rica herdanza culinaria de Portugal, tan apaixonada coma as súas melodías, non pode fallar. As receitas portuguesas están cheas de sabor e emoción, coma este Polvo à Lagareiro, un prato tradicional portugués delicioso en calquera momento.

Francia

Comida francesa para Eurovisión: Crepes rellenos de pera y requesón

O país galo sempre destaca pola súa elegancia, ben sexa no musical ou no culinario. Goza estas Crêpes con recheo de pera e requeixo, unha deliciosa mestura de dozura e cremosidade envolta nunha fina crêpe.

Australia

Comida austrialana para Eurovisión: Tarta Pavlova con mascarpone y frutas del bosque

Australia sempre lle deu grandes nomes á música pop, pero se hai unha estrela na súa gastronomía doce é a Torta Pavlova. Adoza o teu padal con esta receita de Torta Pavlova con mascarpone e froitas silvestres, a sobremesa exquisita que combina a lixeireza do merengue coa frescura das froitas.

Outras recomendacións

Nestas emocionantes galas fronte ao televisor, as Salsas para dipear son as mellores compañeiras.

Que non falten o Hummus nin o noso Guacamole!

Que tal unha boa selección de Froitos secos para animar os teus músicos favoritos?