Ensinámosche a preparar uns canelóns de aproveitamento e dámosche uns consellos para non desperdiciar comida.

Receita de canelóns de aproveitamento, evita o desperdicio de alimentos!

26 de septembro de 2022

Mercadona únese á 5.ª semana contra o desperdicio, unha iniciativa coordinada pola AECOC que xa contou coa nosa participación nas súas edicións anteriores. Este ano preséntase co lema Xuntos alimentamos solucións.

A alimentación non ten desperdicio! Con esta idea suxerímosche unha receita de canelóns de aproveitamento e ofrecémosche uns consellos útiles para aproveitar mellor os alimentos e evitar o desperdicio de comida.

Consellos para facer a compra e conservar na casa

  • Inviste tempo en planear a túa lista da compra. Con isto aforrarás tempo e diñeiro e evitarás o desperdicio.
  • Planea o menú semanal. Escolle o que vas comer para cada día, desta maneira, garantes que estás comprando só o necesario e que nada se che estragará na neveira.
  • Crea o hábito de ir revisando a neveira ou a despensa. Vai apuntando o que de verdade fai falta comprar conforme se vaia gastando.
  • Organiza periodicamente a despensa. Podemos facelo por grupos de produtos, colocando diante os produtos con data de caducidade máis próxima, de maneira que os vexamos mellor.
  • Conserva correctamente os alimentos de maneira que non se estraguen por estar a temperatura ambiente ou por non se gardaren nos recipientes adecuados.
  • No conxelador, identifica con etiquetas o nome do produto que estás gardando e a data na que o conxelas.

Consellos para aproveitar mellor os alimentos

Para aproveitar carnes e asados

  • Sempre que prepares ás de polo, cómpraas enteiras e garda as puntas para darlle sabor e textura aos teus caldos de ave. O mesmo podes facer cos ósos de calquera polo asado ou outro tipo de ave: garda e utiliza os ósos para preparar caldos substanciosos.
  • Conxela os recortes de nervios, peles e graxas das carnes que vaias cociñar. Os caldos a lume lento agradecerancho.
  • A carne sobrante de asados, guisos e cocidos pódese reutilizar de formas infinitas. Podes preparar unhas croquetas con bechamel con calquera cousa: de polo coas sobras de calquera asado, cos restos de carne e algunha verdura do cocido, cos restos dunha pescada ao forno, dunhas luras… Podes preparar croquetas, como fan os italianos, ata coas sobras dun risoto.
  • Calquera carne sobrante tamén che pode servir para preparar unhas tortillas mexicanas engadindo aguacate, cebola crúa e unha salsa picante.

Para aproveitar legumes

  • Os legumes, tras varios días, adoitan espesar demasiado. Pódense preparar purés finísimos cos seus guisos.
  • Os garavanzos que sobran dun cocido son ideais para sazonalos e preparar un bo hummus.

Para aproveitar peixes

  • Cando vaias á peixería, que che reserven a cabeza e as espiñas dos peixes. Cocidos xunto a recortes de verduras obterás saborosos caldos.
  • Coas espiñas de peixes brancos (pescada, dourada, robaliza), rasca a carne adherida cunha culler. Obteremos anaquiños para acompañar as sopas de peixe ou para elaborar unhas croquetas de peixe. O mesmo truco das espiñas, con salmón ou atún sérveche para preparar un tártaro. As espiñas dos bocartes pódense pasar por fariña e fritir, para comer como pipas.
  • As sobras de calquera peixe mesturadas con pataca cocida pódense empregar para chulas, se as rebozas, ou para preparar ensaladas se mesturamos con maionesa.
  • Se che sobra pel de pescada, bacallau ou salmón, atrévete a fritila para preparar uns roxóns.
  • Do polbo pode aproveitarse ata a cabeza: en ensaladas frescas con hortalizas ou para acompañar un arroz.
  • Se sobra algún frito ou empanado: acompáñao con arroz longo, verduras refogadas e algunha salsa.

Para aproveitar verduras

  • A parte verde dos porros é perfecta para facer caldos, asados ou incluso refogados.
  • Cando ases verduras, sempre podes volvelas servir en frío cun fío de aceite. Ou preparar unha tortilla. Ou cremas se lle engades un pouco caldo, nata ou leite.

Para aproveitar bolería e pan

  • Cos restos de bolería duros, mesturados con leite e ovos, poden prepararse biscoitos e pasteis.
  • Aproveita o pan duro para relalo e empanar calquera cousa. Móllao en leite para darlle textura a calquera recheo para carnes ou peixes. Tamén podes elaborar sopas de peixe se o untas con allo e o mollas con caldo quente. Ou sopas de allo marabillosas.

Para aproveitar lácteos

  • Coas sobras do queixo duro que quedou esquecido na neveira, podes preparar cremas de queixo para acompañar verduras ou unha boa salsa para pasta.

Receita Canelóns de aproveitamento

Ingredientes para 2 persoas

  • 8 tubos precocidos para canelóns.
  • 300 g de sobras dun guiso de faceira de porco.
  • 1 l de leite.
  • 70 g de fariña.
  • 70 g de manteiga.
  • 80 g de Grana Padano relado.
  • Améndoa tostada 0 % sal.
  • 1 culleradiña de noz moscada.
  • 1 culleradiña de pementa branca.
  • Sal.

Paso a paso

Recheo

1. Saca da neveira o guiso de faceira de porco sobrante do día anterior. Se ves que a carne está demasiado compacta, quenta para manipulala despois.

Sacar de la nevera el guiso de carrillada de cerdo sobrante del día anterior.

2. Aparta as faceiras da salsa e as verduras. Esmiúza a faceira.

Apartar las carrilladas de la salsa y las verduras. Desmigar la carrillada.

3. Tritura a salsa e as verduras do guiso e mestura cunha parte da salsa apartada evitando que quede líquido: a salsa debe empapar para manter o zume da carne. Reserva.

Triturar la salsa y las verduras del guiso y mezclar con una parte de la salsa apartada evitando que quede líquido

La salsa debe empapar para mantener la jugosidad de la carne.

Bechamel

1. Funde a manteiga nunha pota a lume suave. Engade a fariña aos poucos e deixa cociñar mentres segues removendo en todo momento.

Añadir la harina en tandas y dejar cocinar mientras se sigue removiendo en todo momento.

En cuanto dore la harina añade la leche previamente calentada en pequeñas tandas, removiendo enérgicamente con unas varillas, evitando que queden grumos. Siempre a fuego suave.

2. En canto doure a fariña engade aos poucos o leite quentado previamente, removendo enerxicamente cunhas variñas, evitando que queden grumos. Sempre a lume suave.

Hervir el conjunto unos 10 minutos. Añadir la nuez moscada, la pimienta blanca y poner a punto de sal.

3. Ferve o conxunto uns 10 minutos. Engade a noz moscada, a pementa branca e pon a punto de sal.

Hervir el conjunto unos 10 minutos. Añadir la nuez moscada, la pimienta blanca y poner a punto de sal.

4. Se quedaran grumos podes solucionalo cun batedor ou coando a bechamel.

Si quedaran grumos puedes solucionarlo con una batidora o colando la bechamel.

Presentación

1. Prepara os tubos de pasta e éncheos coa carne. Podes facelo cunha manga pasteleira ou cunha culleriña.

Preparar los tubos de pasta y rellenarlos con la carne. Puedes hacerlo con una manga pastelera o con una cucharita.

2. Prepara unha fonte para o forno coa base untada con algo máis de manteiga e cunhas culleradas sopeiras de bechamel.

Preparar una fuente de horno con la base untada con algo más de mantequilla y unas cucharadas soperas de bechamel

3. Coloca os canelóns na fonte e cubre con abundante bechamel.

Disponer los canelones en la fuente y cubrir con abundante bechamel.

4. Esparexe co Grana Padano relado e coa améndoa picada moi fina. Mete no forno quentado previamente a 180 ºC uns 40 minutos. A bechamel debe ser lixeira para que a pasta do canelón quede ben cocida nese tempo.

Espolvorear con el Grana Padano rallado y la almendra picada muy fina.

Llevar al horno precalentado a 180 ºC unos 40 minutos. La bechamel debe ser ligera para que la pasta del canelón quede bien cocida en ese tiempo.

5. En canto a pasta estea cocida, gratina o conxunto ata que o queixo e a améndoa douren ben.

En cuanto la pasta esté cocida, gratinar el conjunto hasta que el queso y la almendra doren bien.

6. Sirve 3 ou 4 canelóns por persoa e remata por enriba coa salsa sobrante do guiso que reservamos previamente.

Servir 3 o 4 canelones por persona y rematar por encima con la salsa sobrante del guiso que hemos reservado previamente.

Outras recomendacións

Utilizas as nosas Bolsas de conxelación? Son herméticas e resistentes. Serven para conxelar alimentos, conservalos na neveira, levalos ao traballo ou ao colexio, etc.

Se necesitas ideas para as túas comidas ou ceas, visita a nosa sección de receitas.