Xaneiro é o mes dos bos propósitos e esta vez seremos capaces de cumprilos. Imos empezar o ano con Novos Hábitos que nos prepararán para a primavera e a tempada estival que gozaremos en poucos meses.
Xa superamos as datas do Nadal e chega o momento de cambiar certos costumes, propoñerse outros retos e adquirir Novos Hábitos, como o de hidratarnos adecuadamente, evitar o sedentarismo e cambiar certas rutinas e pautas de alimentación. Por este motivo, propoñémosche todos estes pratos para esta xornada.
A continuación, invitámosche a coñecer a nosa proposta de xornada de Novos Hábitos e a descubrir unha serie de pratos ideais para incorporalos á túa alimentación a partir deste momento. Anímaste?
Almorzo
- Zume natural de pomelo fresco.
- Copos de avea con arandos frescos e bebida de améndoas sen azucre.
- Té Matcha.
Media mañá
- Selección de Tostas.
Xantar
- 1.º prato: Espaguetes de cabaciña con pesto de pistacho caseiro.
- 2º prato: Solombo de pavo con salsa de laranxa, cabaza e xenxibre.
- Infusión: Macela con anís.
Merenda
- Licuado caseiro de cenoria, apio e mazá.
- Bocadillo integral sen sal con peituga de pavo reducida en sal e aceite de oliva.
Cea
- 1.º prato: Sopa caseira de kale, bimi, leituga e queixo fresco batido desnatado.
- 2.º prato: Filete de pescada con verduriñas ao vapor.
Para más información sobre recomendacións de consumo e hábitos saudables, podes visitar a páxina de AECOSAN do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.