AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Ensinámosche a preparar un saboroso segundo prato dentro da nosa xornada de novos hábitos: Solombo de pavo con salsa de laranxa.

Receita de Solombo de pavo con salsa de laranxa

05 de febreiro de 2019

Presentámosche unha receita saborosa que podes incluír dende hoxe nas túas comidas. O Solombo de pavo con salsa de laranxa, cabaza e xenxibre é un prato que destaca pola súa orixinal combinación de sabores: a suavidade da carne de pavo contrasta co sabor cítrico da laranxa e o toque oriental do xenxibre.

Unha proposta ideal para o segundo prato do teu xantar, perfecta para prepararte para esta tempada. Deliciosa e cun incrible sabor mediterráneo.

Sigue o vídeo paso a paso da receita de Solombo de pavo con salsa de laranxa, cabaza e xenxibre:

Ingredientes para 2/4 persoas:

  • 2 solombos de pavo.
  • 1 cuarteirón de laranxa por prato.
  • Reladura de pel de laranxa.
  • O zume de media laranxa.
  • 50 g de cabaza cortada en dadiños por persoa.
  • 10-15 g de xenxibre.
  • 1 culleradiña de fariña.
  • Tomiño.
  • Aceite de Oliva.
  • Popurrí de pementas.
  • Ceboliño.
  • Sal.

Paso a paso:

Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa desta saborosa receita.

1. Cortar en dados 50 g de cabaza por persoa.

Paso 1 Receta solomillo naranja

2. Saltear a cabaza.

Paso 2 Receta solomillo naranja

3. Relar o xenxibre.

Paso 3 Receta solomillo naranja

4. Espremer o zume de media laranxa.

Paso 4 Receta solomillo naranja

5. Picar un anaco da pel da laranxa.​

Paso 5 Receta solomillo naranja

6. Facer unha salsa a lume suave co xenxibre, a pel da laranxa e o zume. Engadir unha chisca de sal e 1 culleradiña de fariña.

Paso 6 Receta solomillo naranja

7. Reducir a salsa a lume suave.

Paso 7 Receta solomillo naranja

8. Asar os solombos de pavo á prancha.

Paso 8 Receta solomillo naranja

9. Salpementar e engadir tomiño.

Paso 9 Receta solomillo naranja

10. Baixar o lume e tapar durante 10 minutos.

Paso 10 Receta solomillo naranja

11. Empratar decorando cun cuarteirón de laranxa, dados de cabaza e o ceboliño.

Paso 11 Receta solomillo naranja

Paso 12 Receta solomillo naranja

Paso 13 Receta solomillo naranja

Paso 14 Receta solomillo naranja

Para coñecer máis información sobre a campaña de laranxas españolas de Mercadona, recomendámosche que consultes este artigo.

Outras recomendacións

Descubre a nosa proposta de xornada de Novos Hábitos, que inclúe este e outros pratos equilibrados e deliciosos.

Se che interesa outra exquisita receita de sabores mediterráneos, proba este prato de Polo de campo ao allo e ao limón.