AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Laranxas de proximidade no lineal de froita e verdura de Mercadona

Empeza a campaña de laranxas de proximidade en Mercadona

13 de novembro de 2018
  • En Mercadona podes encontrar laranxas de orixe nacional ata o mes de agosto.
  • Mercadona prevé comprar máis de 200.000 toneladas de laranxas a máis de 2.500 provedores locais.

Mercadona inicia a campaña de laranxas de orixe nacional. A laranxa de proximidade está á venda na sección de Froita e Verdura de Mercadona dende finais de outubro ata o mes de agosto de 2019. A laranxa véndese tanto en malla como a granel e tamén se pode gozar no servizo de zume de laranxa acabado de espremer.

Na campaña 2018-2019, Mercadona ten previsto comprar máis de 200.000 toneladas de laranxas a máis de 2.500 provedores locais da Comunidade Valenciana, Andalucía, Murcia, Catalunya ou Canarias.

Esta tempada comeza coas laranxas da variedade Navelina e, posteriormente, vanse ofrecendo laranxas das variedades Navel/Navelate, Lane-Late, Lane-Late Powell e Valencia-Late. A primeira laranxa da tempada ten un toque de acidez e, conforme avanza a campaña, a laranxa vai aumentando en dozura.

As laranxas de Mercadona ofrécense nun punto óptimo de maduración e coa máxima frescura grazas a que as laranxas se transportan ás tendas no menor tempo posible mediante o seu servizo loxístico.

A froita da laranxa ten moitas posibilidades. Pode consumirse enteira ou en sobremesas, marmeladas, zumes, repostería ou doces. Ademais, é unha froita con antioxidantes naturais e Vitamina C que axudan nesta época do ano.  

Como podes encontrar as laranxas en Mercadona

  • Laranxas a granel.
  • Laranxas en malla de 3 kg.
  • Laranxas en malla de 6 kg.
  • Servizo de zume de laranxa acabado de espremer. Neste servizo, a entrada de laranxa de orixe local é máis tardía, xa que se vai incorporando progresivamente dende o mes de novembro garantindo igualmente unha laranxa de gran sabor e calidade.  

Vídeo en español

Orixe das laranxas de Mercadona

Mercadona ofrece laranxas de proximidade en malla e a granel en todos os seus supermercados dende finais de outubro, ata o mes de agosto do ano seguinte, grazas aos acordos con máis de 2.500 provedores locais de cítricos.

No momento que a produción da campaña de laranxa nacional se esgotou, impórtanse laranxas procedentes doutras orixes. Isto sucede só durante dous meses ao ano, entre finais de agosto e finais de outubro. Desta forma, máis do 90% das laranxas de Mercadona son de orixe local.

Mercadona realiza compras en España por un valor superior aos 17.500 millóns de euros ao ano e mantén acordos comerciais con 8.600 agricultores, 12.000 pescadores e 5.200 gandeiros do sector primario.

Mercadona súmase á campaña do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "Froita e Verdura de aquí e de agora" que recomenda o consumo de froita e verdura de maneira regular.