Presentámosche dúas receitas rápidas de inspiración oriental, para que engadas un toque exótico ás túas comidas. Gústache a idea?
Aprende a preparar os Noodles de Arroz que encontrarás en Mercadona, e acompáñaos con carne de solombo, verduras e salsa teriyaki ou con lagostinos, cogomelos, espárragos e salsa de ostras.
Son dúas versións elaboradas, distintas, cada unha máis saborosa, destes deliciosos fideos de arroz. Se invitas os teus amigos ou familiares valos sorprender. Non esquezas ter á man varios xogos de paíños chineses de bambú!
Ingredientes para 4 persoas:
Ingredientes comúns:
- Noodles de Arroz
- Aceite de oliva virxe extra
- Xenxibre fresco
- Un dente de allo
Para os noodles con solombo:
- Solombo de porco
- Una bolsa de verduras 3 vexetais (brócoli, coliflor e cenoria)
- Sésamo tostado
- Sal
- Salsa teriyaki
Para os Noodles con lagostinos:
- Lagostinos
- Espárragos verdes
- Salteado de cogomelos
- Cacahuetes fritos
- Salsa de ostras
Paso a paso dos Noodles con solombo:
1. Pelar e picar o xenxibre e un dente de allo.
2. Ferver os Noodles durante 2 minutos.
3. Cortar o solombo en tacos pequenos.
4. Refogar os tacos de solombo cun pouco aceite, ata que estean dourados.
5. Engadir as tres verduras do paquete.
6. Incorporar o xenxibre e o allo, que collan cor.
7. Engadir os Noodles fervidos.
8. Mesturar coa salsa teriyaki.
9. Remover ben todo
10. Botar no prato e esparexer por riba sésamo tostado.
Paso a paso dos Noodles con lagostinos:
1. Pelar e picar o xenxibre e o dente de allo.
2. Ferver os Noodles durante 2 minutos.
3. Refogar os cogomelos cun pouco aceite.
4. Engadir os espárragos verdes cortados en anaquiños.
5. E os lagostinos.
6. Incorporar o xenxibre e o dente de allo picados. Remover e deixar que todo colla cor.
7. Engadir os Noodles fervidos.
8. Mesturar todo coa salsa de ostras.
9. Remover ben.
10. Botar no prato e esparexer por riba os cacahuetes picados.
Outras recomendacións
Se che gustan estes fideos de arroz, encantarache esta Receita de Bonito con Noodles de arroz e Edamame.
E se buscas ideas para cociñar e sorprender a túa familia e os teus amigos, no noso apartado de Receitas valas encontrar seguro.