Apetéceche unha receita de peixe orixinal e fácil de preparar? Dende hoxe podes incluír no teu menú un exquisito prato de Pescada con verduriñas ao vapor. Proba o rico contraste do sabor cítrico do limón co toque oriental que lle dá a salsa de soia e goza da combinación.
Unha proposta creativa, cociñada con vaporeira, moi recomendable para as túas ceas. Ademais, destaca pola súa coidada presentación.
Sigue o vídeo paso a paso da receita de Pescada con verduriñas ao vapor:
Ingredientes para 2/4 persoas:
- Pescada conxelada
- 200 g de cenorias
- 200 g de feixóns verdes
- 1 porro
- 1 tomate
- Salsa de soia
- Aceite de oliva virxe extra
- 1 limón
- Pemento doce
- Loureiro
- Ceboliño
Paso a paso:
Se queres preparar esta receita, sigue o proceso paso a paso que che detallamos a continuación.
1. Corta as verduras á xuliana fina.
2. Saltear 2 minutos.
3. Pelar o tomate e baleirar as sementes.
4. Cortar en dados o tomate.
5. Colocar as verduras sobre os filetes.
6. Incorporar o tomate, a reladura da pel de limón e a salsa de soia.
7. Enrolar os filetes.
8. Ferver auga nunha pota con loureiro e limón.
9. Colocar a pescada na vaporeira.
10. Cociñar uns 8 minutos.
Outras recomendacións
Buscas un primeiro prato ideal para a túa cea? Aquí tes esta Receita de Sopa de Kale, Bimi e Leituga.
E se queres coñecer a nosa proposta de xornada de Novos Hábitos completa, neste enlace propoñémosche este e outros pratos para o teu día a día.