Nueva Memoria de Medio Ambiente 2019-2020 de Mercadona

Mercadona lanza a súa nova Memoria de Medio Ambiente

07 de xuño de 2021
  • Esta edición recolle os progresos do Sistema de Xestión Ambiental de Mercadona en 2019 e 2020.
  • Nos últimos dous anos a compañía investiu 94 millóns de euros en beneficio do Medio Ambiente.
  • En 2020 Mercadona dixo SI a seguir coidando o Planeta coa nova Estratexia 6.25 para a redución de plásticos.

O obxectivo de Mercadona é ser unha empresa que a sociedade queira que exista e sinta orgullo dela. Como consecuencia diso, do crecemento da compañía e das diferentes demandas sociais, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio baseado en reducir o seu impacto ambiental en tres áreas: optimización loxística, eficiencia enerxética e xestión de residuos.

O Sistema de Xestión Ambiental de Mercadona está nun proceso continuo de adaptación, á vangarda dos retos que xorden, da necesidade de mellorar o desempeño ambiental e de aumentar a sostibilidade.

Neste sentido, entre 2019 e 2020 a compañía investiu 94 millóns de euros en beneficio do Medio Ambiente, reforzando a súa Política de Medio Ambiente e incorporando a Estratexia 6.25 para abordar o reto de mellorar o uso e a xestión do plástico nos seus procesos.

A compañía recolle todos os seus progresos realizados nos últimos dous anos en materia medioambiental neste documento:

 

Memoria medioambiental 2019-2020

Descargar

 

 

Sistema de Xestión Ambiental de Mercadona en 2019 e 2020

Optimización loxística

A xestión loxística de Mercadona baséase en realizar o mellor uso posible dos medios dispoñibles. Isto coñécese como “transportar máis con menos recursos”, unha serie de estratexias que perseguen transportar a máxima cantidade de produtos usando o menor número posible de traxectos.

Ademais, a compañía continúa estudando os seus procesos para encontrar solucións loxísticas sostibles que permitan o abastecemento e a adaptación ao ámbito urbano como o uso de combustibles alternativos, melloras de equipos de frío de camións e furgonetas e outras iniciativas como a adhesión a Lean & Green.

Coñece as últimas medidas de Optimización loxística de Mercadona na nova Memoria de Medio Ambiente

Eficiencia enerxética

Mercadona traballa para contar cunha rede de tendas e bloques loxísticos que permitan extraer o máximo rendemento posible aos recursos enerxéticos, como a renovación das súas tendas cun novo modelo de tenda máis eficiente, con medidas de aforro enerxético.

Coñece as últimas medidas de Eficiencia enerxética de Mercadona na nova Memoria de Medio Ambiente

Xestión de residuos

O Sistema de Xestión Ambiental de Mercadona céntrase na redución de residuos que se xeran nos seus procesos. A compañía conta con sistemas de reutilización e reciclaxe de envases comerciais, e de estratexias de prevención do desperdicio alimentario xa consolidados.

En 2020 deu un paso máis coa creación da Estratexia 6.25 de Mercadona, que ten como obxectivo reducir a cantidade de plástico virxe dos envases de marca propia, facilitar a reciclabilidade dos envases existentes e colaborar coa sociedade para conseguir un proceso de reciclaxe máis eficiente co que poder avanzar entre todos cara á Economía Circular.

Compromisos da Estratexia 6.25 de Mercadona

Ata o momento a compañía xa eliminou as bolsas de plástico dun só uso e os desbotables de plástico, substituíndoos por útiles sostibles, de todas as súas tendas.

Coñece as últimas medidas de Xestión de residuos de Mercadona na nova Memoria de Medio Ambiente. 

Outros compromisos

Mercadona mantén colaboracións e alianzas que permiten establecer sinerxías para aumentar a sostibilidade da cadea de montaxe a todos os niveis. Entre os compromisos está a Política de Benestar Animal de Mercadona ou a creación da Cátedra Mercadona de Economía Circular coa UPF-BSM

Coñece todo sobre as últimas medidas de Mercadona en materia de Medio Ambiente na nova Memoria de Medio Ambiente