- Mercadona aposta pola eficiencia enerxética en todos os seus procesos para un uso responsable da enerxía.
- As medidas implantadas nas novas tendas eficientes permiten un aforro enerxético de ata un 40% respecto a unha tenda tradicional.
- A compañía inviste máis de 40 millóns de euros anuais en materia de medio ambiente.
Unha das áreas fundamentais nas que se centra a política medioambiental de Mercadona é o uso responsable da enerxía. A compañía continúa fomentando o uso de enerxías renovables tanto nas súas tendas como nos seus bloques loxísticos, impulsando iniciativas para reducir o consumo e ser máis respectuosos co medio ambiente.
Vídeo en español
En materia de aforro enerxético, Mercadona ten implantadas varias medidas como a renovación das súas tendas a un novo modelo máis eficiente e sostible. Estes espazos de venda consomen ata un 40% menos en iluminación e refrixeración con respecto a unha tenda tradicional.
A compañía conta con máis de 800 supermercados adaptados a este novo modelo que dispón dun sistema de iluminación LED, contribúe á recuperación e ao reaproveitamento da calor residual, introduce melloras de illamento e un sistema de xestión de alarmas que garante a diario a temperatura óptima dos mobles refrixerados.
Para lograr o obxectivo de reducir o consumo, os supermercados da cadea dispoñen tamén dun sistema automático que xestiona os horarios de apertura e peche, para garantir que os sistemas de iluminación, extracción e climatización estean só acendidos cando sexa necesario. Nesta liña, Mercadona conta cun sistema de aforro enerxético na instalación de climatización que permite adaptar o consumo en función da temperatura exterior de maneira automática.
Resumo dalgunhas das medidas de aforro enerxético de Mercadona.
Por outro lado, existen outras iniciativas ecoinnovadoras que Mercadona leva a cabo para reducir impactos en materia enerxética, como a implantación de xardíns nalgunhas tendas para mellorar a súa integración no ámbito, reducindo a contaminación e o denominado “efecto illa de calor”. Este é o caso das cubertas axardinadas nalgúns supermercados de Madrid que achegan vantaxes estéticas, sociais e medioambientais tanto á tenda como ao ámbito.
Política de Medio Ambiente de Mercadona
Mercadona dispón dende hai anos dun sistema de xestión ambiental propio co obxectivo de reducir o impacto dos seus procesos. A compañía investiu máis de 40 millóns de euros en protección do medio ambiente o pasado exercicio. A política medioambiental de Mercadona céntrase en tres áreas: aforro enerxético, optimización loxística e xestión responsable dos residuos.
Imaxe de cabeceira: Zona de conxelados nun supermercado.