Dátiles Sen Óso da marca Hacendado

Mercadona reforza a calidade dos dátiles sen óso para facelos máis naturais

04 de xuño de 2021
  • A compañía elimina o aceite, a glicosa e os conservantes deste aperitivo saudable, caracterizado por ser unha fonte de fibra e enerxía.
  • O Provedor Totaler Importaco Casa Pons prepara este produto nas súas instalacións de Beniparrell (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reformulou a composición dos Dátiles Sen Óso da marca Hacendado para facelos máis naturais. Eliminou o aceite, a glicosa e os conservantes da lista de ingredientes, reforzando a calidade deste aperitivo saudable caracterizado por ser unha fonte de fibra e enerxía. Ademais, incorporouse un peche no envase para mellorar a conservación do alimento.

Este froito, que se utiliza tanto como aperitivo para picar entre horas, como substituto do azucre e para pratos de todo tipo como ensaladas, é preparado polo Provedor Totaler Importaco Casa Pons nas súas instalacións de Beniparrell (Valencia).

Calidade contundente a prezos imbatibles

En 1993, Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos), tras observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha calidade contundente a un prezo imbatible, sempre por esa orde, e non cambiaban constantemente de prezo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Dátiles Sen Óso da marca Hacendado nun supermercado de MercadonaDátiles Sen Óso da marca Hacendado nun supermercado de Mercadona.

Dátiles Sen Óso da marca HacendadoDátiles Sen Óso da marca Hacendado.