En Mercadona xa tes ao teu dispor Sementes de Chía, de Liño, de Xirasol e de Cabaza naturais, ben como unha combinación perfecta de Mestura de Sementes, para poderes gozar de todos os seus beneficios, xa que son ideais para tomar soas ou para enriquecer os teus pratos do día.
Sementes de Chía en Mercadona
Unhas das sementes que máis beneficios che van achegar son as Sementes de Chía. Estas sementes ofrécenche grandes vantaxes para manter unha vida saudable:
- Contribúe para manter os niveis normais de colesterol no sangue
- Alta porcentaxe de fibra e poder saciante.
Como tomar as Sementes de Chía
Se queres aproveitar todos os beneficios saudables que ofrecen as Sementes de Chía de Mercadona, recomendámosche tomar 2 culleradas sopeiras ao día en calquera destas modalidades:
- Esparexidas en comidas e bebidas. Mesturadas en saladas, sopas, iogures ou zumes, smoothies e batidos. Abonda con esparexelas por riba e fican listas para comer.
- Para un meirande poder saciante déixaas a remollo uns minutos, até formaren unha xelatina que podes consumir soa ou cos teus iogures e bebidas favoritas.
Sementes de Liño en Mercadona
Agora tes tamén no teu Mercadona as Sementes de Liño, que salientan, sobre todo, por seren unha excelente fonte de fibra, de xeito que nos axudarán a combater eficazmente o estrinximento.
Como tomar as Sementes de Liño de Mercadona para gozar mellor delas e aproveitar todos os seus beneficios:
- Pódelas consumir como prefiras: enteiras, tal e como as encontrarás na embalaxe, ou ben moídas, engadíndoas a iogures, zumes, leite ou saladas e tomándoas ao momento.
- Ou, se prefires, déixaas mergulladas en auga durante a noite e toma a auga e mais as sementes á mañá seguinte.
Mestura de Sementes en Mercadona
Agora tes tamén ao teu dispor Mestura de Sementes.
Trátase dunha combinación perfecta de 5 sementes que achegan unha gran cantidade de beneficios, para alén de daren orixinalidade e un sabor boísimo aos teus pratos.
As 5 sementes incluídas na Mestura de Sementes de Mercadona son Liño, Sésamo, Papoula, Sementes de xirasol e Sementes de cabaza.
Sementes de Xirasol e Cabaza Naturais
Xa coñeces as Sementes de Xirasol e Cabaza Naturais, sen sal e sen torrar?
Son as máis coñecidas, e adoitan comerse como aperitivo. Tomándoas crúas e sen sal podemos aproveitar todos os seus beneficios.
Conteñen moita fibra, de xeito que achegan sensación de saciedade ao tempo que combaten o estrinximento.
Outras Recomendacións
Para enriqueceres máis aínda a túa dieta, recomendámosche tamén a Quinoa de Mercadona, fonte de proteínas e fibra e que, ademais, podes utilizar en sopas, saladas e arroces.