Ofrecémosche diferentes tipos de produtos aptos para cociñar na túa frixideira de aire.

Produtos de Mercadona aptos para frixideira de aire

22 de febreiro de 2024

Coñeces a utilidade dunha frixideira de aire? Permíteche fritir, asar e enfornar unha gran variedade de alimentos. É un tipo de cociña moi fácil e cómoda que cada vez gaña máis adeptos. Ademais, garante un menor consumo de graxas, polo que resulta perfecta para un cociñado máis saudable.

Dende hai tempo, estamos traballando nos nosos produtos para que poidas cociñalos tamén neste tipo de frixideira.

A continuación, presentámosche unha breve descrición para cociñar distintos produtos con frixideira de aire, dende peixe rebozado ata verduras conxeladas, croquetas, lasañas... Soa ben, verdade?

Cociña os nosos produtos na túa frixideira de aire

Peixes rebozados

Productos en tu freidora de aire: Pescados rebozados

Descubre as nosas opcións de peixe rebozado que poden cociñarse nunha moderna frixideira de aire, coa que se obtén un resultado máis saudable, e igual de crocante e apetitoso.

Pescada empanada: rebozada con pan fino. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. Só 10 minutos a 200 ºC e listo!

Filetes de pescada: moi zumarenta, cun rebozado ao ovo que lle dá un toque delicioso. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. Cocíñaos durante 8 minutos a 200 ºC, quedarán perfectos.

Figuriñas de pescada: con formas divertidas para os máis pequenos de estrelas, cabaliños de mar, peixes... Rebozadas con pan fino. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. En tan só 6 minutos a 200 ºC estarán listas.

Pauciños de pescada: un dos que nunca fallan. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. Para que estea no seu punto cocíñaos 8 minutos a 200 ºC.

Variñas de pescada: moi tenras e crocantes. Rebozadas con pan fino e son sen glute. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. En 10 minutos a 200 ºC estarán perfectas. Próbaas!

Tiras de lura empanadas: tiras de lura rebozadas, un clásico que sempre gusta. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. En só 7 minutos a 200 ºC teralas listas.

Lagostinos rebozados: unha opción diferente e saborosa de comer lagostinos. Non hai que desconxelar antes da súa cociñado. Só é necesario cociñalos 8 minutos a 200 ºC.

Bocartes (excepto Canarias): filetes de bocarte en tempura, riquísimos co punto crocante perfecto do rebozado. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. Cocíñaos en só 6 minutos a 200 ºC, non o perdas!

  • Rebozados en tempura
  • Non se debe desconxelar.
  • Hai que cociñalos 6 minutos a 200 ºC.

Luriñas enfariñadas (excepto Huelva, Cádiz e Málaga): outro dos peixes rebozados que sempre son un acerto. Non hai que desconxelar antes do seu cociñado. Cocíñaos durante 7 min a 200 ºC, acertarás!

Nota: recorda colocar as unidades separadas entre si para que se cociñen uniformemente.

Patacas Cuarteirón

Productos en tu freidora de aire: Patatas gajo

Unhas clásicas irresistibles, sempre ben recibidas polo seu corte uniforme en forma de cuarteirón e a súa textura crocante. Ao ser un produto ultraconxelado, estas patacas conservan todas as súas propiedades e o seu sabor orixinal. Perfectas tanto no forno, como na tixola ou na frixideira de aire. Moi cómodas, xa que veñen listas para cociñar, eliminando a necesidade de pelar ou cortar e aforrando tempo e esforzo. Tenas sempre dispoñibles!

Selección de delicias conxeladas

Productos en tu freidora de aire: selección de delicias congeladas

Croquetas de pescada: déixate cativar por estas croquetas de pescada con rebozado tipo tempura. Cumpren á perfección a regra de ouro das mellores croquetas: quedan crocantes por fóra e cremosas por dentro. Unha inmellorable elección para ter sempre á man como fondo de conxelador. Como entrante, para unha petiscada, para xantar ou cear, estas croquetas nunca deixan de sorprender. Dálles unha oportunidade coa túa frixideira de aire, non te arrepentirás.

Cocíñaas directamente conxeladas durante 6 min a 200 ºC. Despois deixar repousar 2 min, riquísimas!

Fingers de queixo

Coñeces estes tentadores pauciños de queixo gouda que conquistan a nenos e a grandes? Indispensables no teu conxelador. Espera a probalos cociñados coa túa frixideira de aire. Acompaña o seu sabor suave con marmelada de amorodo, arandos ou dálle creatividade ao teu prato coa túa salsa preferida.

Engádeos directamente conxelados á frixideira de aire e en pequenas cantidades. Só é necesario 6 minutos a 180 ºC.

Empanadillas de atún

Sabías que coa túa frixideira de aire tamén podes cociñar unhas tradicionais empanadillas de atún? Gózaas como entrante, xantar ou merenda, sempre triunfan!

Non hai que desconxelalas para o seu cociñado. Píntaas con ovo batido na súa parte superior e coloca as unidades separadas entre si para que se cociñen uniformemente 6 minutos a 200 ºC.

Tempura de verduras

Coa túa frixideira de aire podes gozar dunha exquisita tempura de verduras. Deléitate co seu fino e crocante rebozado. Nunca falla, é perfecta como entrante e gusta a todos os padais. Incluso para os máis pequenos é unha forma fácil e saborosa de comer verdura. Cocíñaa durante 7-9 min a 200 ºC e sírvea coa túa salsa favorita!

Verduras conxeladas

Productos en tu freidora de aire: verduras congeladas

Allos tenros

Un ingrediente moi versátil. O seu sabor suave e delicado, distinto ao allo común, convérteo nun aliado perfecto para unha gran variedade de pratos que tamén podes cociñar coa túa frixideira de aire. Moi apreciados na cociña mediterránea, achegan o seu toque especial a ensaladas, revoltos, tortillas e sopas. Unha excelente opción que permite aforrar tempo de cociña sen sacrificar a frescura e o sabor.

Alcachofas baby / Alcachofa en anacos (Temporalmente non dispoñible)

Se che gusta o seu sabor, pero non tes tempo para preparala, a alcachofa ultraconxelada é unha alternativa práctica e moi cómoda, que conserva todo o seu potencial nutritivo: este versátil vexetal destaca polo seu alto contido en fibra, vitaminas, magnesio e antioxidantes. Ben sexa en anacos ou en formato baby, non perdas as vantaxes de incluír alcachofas na túa alimentación.

Millo doce

A opción ideal para gozar do sabor e da frescura do millo durante todo o ano. Recóllese no seu punto óptimo de madurez e sométese a un proceso de ultraconxelación para manter todas as súas virtudes nutricionais e a súa dozura natural. Engade un toque delicioso ás túas ensaladas, guisos, potaxes ou como gornición para os teus pratos principais.

Productos en tu freidora de aire: verduras congeladas (brócoli, coliflor...)

Coliflor

A coliflor, á parte de ser unha gran fonte de nutrientes esenciais (como vitaminas, minerais e fibra), é unha elección saudable e practicamente imprescindible na túa alimentación. O proceso de ultraconxelación conserva as súas valiosas propiedades nutritivas e a súa característica textura crocante. Aproveita ao máximo os seus beneficios preparándoa coa túa frixideira de aire.

Coliflor, brócoli e cenoria

Esta é unha opción práctica e saudable para engadir verduras ás túas comidas diarias. A mestura de coliflor, brócoli e cenoria ultraconxeladas bríndache un sabor fresco, acompañado de importantes beneficios nutricionais, que podes gozar en calquera momento. Tamén coa túa frixideira de aire!

Brócoli

Se queres engadir verduras frescas e saudables ás túas comidas en calquera momento do ano, o brócoli está sempre á túa disposición. É coñecido polas súas propiedades antioxidantes e dixestivas. Probáchelo cociñado con frixideira de aire?

Bocados de polo e pavo rebozado

Productos en tu freidora de aire: bocados de pollo y pavo rebozado

Nuggets de polo

Os favoritos de moitos pequenos e pequenas, grazas ao seu fino rebozado que os fai crocantes por fóra e tenros por dentro. Ben sexa como entrante ou como cea, resultan deliciosos. Combínaos con ketchup ou coa túa salsa preferida.

Cocíñaos durante 10-12 minutos a 200 ºC. Un consello! Dálle a volta á metade do cociñado.

Nuggets de pavo

Igual que os de polo son os preferidos polos máis pequenos e pequenas da casa, pero coa suave e lixeira carne do pavo. Sempre benvidos e exquisitos, tamén coa túa frixideira de aire. Sen glute e sen lactosa!

Cocíñanse da mesma forma, durante 10-12 minutos a 200 ºC e aconsellamos darlle a volta á metade do cociñado para que queden uniformes polos dous lados.

Delicias de polo

Apetitosos anacos de peituga de polo mariñada cubertos por un rebozado crocante e moi apetecible. Con empanado a base de millo. Gústanche máis como entrantes, para facer unha petiscada ou como prato principal dunha cea? Imaxínalos como ingrediente dunha riquísima ensalada César?

Sen desconxelar, colócaos na bandexa da frixideira sen aceite, cocíñaos a 180 ºC durante 10-12 minutos. Para que queden uniformes por ambos os dous lados aconsellamos darlle a volta á metade do cociñado.

Polo Crispy (a partir de abril en todos os supermercados)

Queres comer polo cun estilo americano? Estes deliciosos anacos de polo mariñado rebozados, especiados e crocantes, podes servilos como aperitivo, nunha petiscada especial con amigos, para xantar, para cear... Acompáñaos coa túa salsa favorita.

Tan só tes que cociñalos a 200 ºC durante 15 minutos, e para garantir a súa uniformidade aconsellamos darlle a volta á metade do cociñado.

Lasañas e canelóns conxelados

 Productos en tu freidora de aire: lasañas y canelones congelados

Sabías que as nosas lasañas e canelóns conxelados se poden cociñar na frixideira de aire? Veñen cun envase apto para a frixideira de aire, o que fai que non teñas que ensuciar ningún recipiente da casa.

Lasaña á boloñesa

Gústache o sabor da boloñesa? Estas lasañas conxeladas, co seu gratinado crocante e zumarento, son moi prácticas como fondo de conxelador. Con elas podes improvisar o prato principal de calquera xantar ou cea. Moi fácil de preparar coa túa frixideira de aire.

Lasaña de atún

Se es amante da pasta e prefires o inconfundible sabor do atún, esta é outra excelente elección que che permite solucionar unha cea en cuestión de minutos. Imprescindible no teu conxelador. Apúntaste?

Lasaña de verduras

Vaste resistir a esta combinación de sabores? Moi apetitosa, composta por unha rica selección de verduras que constitúen unha opción lixeira e nutritiva para os teus xantares ou ceas. Tena sempre á man no teu conxelador.

Canelóns de carne

Seguimos con inspiración italiana, con recheo e gratinados crocantes. Outro prato principal para o teu xantar ou a túa cea moi fácil de preparar: canelóns de carne, sabores intensos e texturas reconfortantes.

Sigue o mesmo proceso de preparación con todas estas lasañas e canelóns conxelados:

Sen desconxelar, retira o envoltorio, colócaos dentro da frixideira de aire, e cocíñaos a 180 ºC durante 20 minutos.

Utensilios do fogar útiles con frixideira de aire

Complementos de cocina de Mercadona útiles con air fryer

En Mercadona tamén temos opcións para ter sempre limpa a túa frixideira de aire. Co papel vexetal e os moldes de aluminio terala sempre lista para cociñar de novo.

Papel vexetal

Papel natural moi denso con propiedades impermeables e antiadherentes ideal para cociñar. Á parte das súas funcións de conservación e a súa alta resistencia á calor (hasta 220 ºC), permíteche cociñar evitando manchar en exceso na túa frixideira de aire. Non se adhire aos alimentos nin rompe, e isto facilita o cociñado e axuda a manter máis limpa a frixideira de aire. Inclúe 30 follas de 38 x 42 cm.

Precaucións:

  • Recorta á medida necesaria para cubrir a base.
  • Evita o contacto directo con lume, resistencia eléctrica ou ventilador da frixideira de aire.
  • Pon alimentos enriba co peso suficiente para que non se levante cara á parte superior.

Molde de aluminio

Apto para cociñar tanto no forno como na frixideira de aire, é unha boa elección para as túas receitas. Dispoñemos de distintos formatos que poden adaptarse aos diferentes tipos de frixideiras de aire. Así poderás cociñar sen manchar o electrodoméstico. Tamén podes usalo para servir directamente no recipiente, simplificando aínda máis o proceso.

Precaucións:

  • Evita o contacto directo co lume e/ou resistencias eléctricas.
  • Evita o contacto prolongado con alimentos moi ácidos ou moi salgados, salvo que se manteñan conxelados.

Outras recomendacións

Se buscas pratos de peixe, encantarache esta Receita de Tacos de atún con aguacate. Na nosa sección de receitas encontrarás moitas outras co peixe como protagonista.

Goza destas 5 receitas de ensaladas verticais, moi prácticas e nutritivas.

A nosa Selección de cereais é outra excelente opción para a túa alimentación equilibrada.