Sigue o paso a paso para preparar estas 4 receitas con Salsa Tártara.

Sorprende este Nadal con 4 receitas con Salsa Tártara

31 de outubro de 2023

Duns anos a esta parte, a Salsa Tártara gañou popularidade e converteuse nun elemento clásico da cociña en todo o mundo. De orixe francés e con base de maionesa, unha das súas características é a incorporación de ingredientes frescos como cogombriños en vinagre ou alcaparras, que lle achegan un toque agridoce e lixeiramente salgado.

Tes dispoñible esta salsa durante a campaña de Nadal en calquera das nosas tendas, excepto en Canarias.

A Salsa Tártara, moito máis que un simple aderezo, é unha fonte de inspiración gastronómica case inesgotable. Demostrámoscho con esta selección de receitas, chea de suxestivas combinacións.

4 receitas con Salsa Tártara, sigue o paso a paso!

Salmón con espárragos verdes e salsa tártara

Recetas con Salsa Tártara: salmón con trigueros y salsa tártara

Receita para 2 persoas

1. En auga fervendo, somerxe 12 vaíñas de edamame non máis de 3 minutos e escórreas. Debúllaas en canto temperen.

2. Na mesma auga, escalda 8 espárragos verdes 2 minutos e reserva.

3. Engade 1 cullerada de aceite de oliva e 1 cullerada de manteiga a unha tixola e refoga os espárragos verdes escaldados. En canto estean ao voso gusto, engade o edamame e dálle un par de voltas. Incorpora o zume de ½ limón, salpementa e reserva.

4. Seca e salpementa 2 lombos de salmón. Cociña nunha tixola a lume intenso cun fío de aceite, un par de minutos por cada lado.

5. Sirve un lombo de salmón acompañado do refogado de espárragos e dunha noz xenerosa de salsa tártara.

Espetos de lagostinos con salsa tártara

Recetas con Salsa Tártara: Brochetas de langostinos con salsa tártara

Receita para 2 persoas

1. Pela 12 lagostinos retirando a cabeza e a pel, pero mantendo a cola e a última sección. Cun escarvadentes ou un alfinete, retira o intestino dende a parte da cola.

2. Ensarta 3 lagostinos por espeto e pulverízaos co zume de ½ limón e 1 cullerada de aceite e salpementa.

3. Nunha prancha ben quente cun fío de aceite, marca os espetos 1 minuto por cada lado.

4. Sirve, decora con perexil acabado de picar e acompaña de salsa tártara segundo vos guste.

Cordon bleu de polo con salsa tártara

Recetas con Salsa Tártara: Cordon bleu de pollo con salsa tártara

Receita para 3 persoas

1. Corta 2 peitugas de polo en filetes de 1 cm de espesor. Salpementa.

2. Coloca os filetes de peituga sobre unha táboa e cubre con papel vexetal. Esmaga os filetes con peso ata que quede una capa fina de polo, pero sen buratos.

3. Coloca un par de cortadas de xamón cocido deixando sempre un dedo sen cubrir.

4. Coloca un par de liscos de queixo gouda só pola metade e dobra o filete sobre si mesmo, premendo sobre a parte da carne.

5. Enfariña, pasa por 1 ovo batido e por pan relado. Reserva e refrixera.

6. Frite en abundante aceite e retira en canto o pan comece a dourar. Reserva en papel absorbente.

7. Sirve partidos pola metade e acompañados de salsa tártara segundo vos guste.

Ensalada de col con salsa tártara

Recetas con Salsa Tártara: Ensalada de col con salsa tártara

Receita para 4 persoas

1. Corta ½ repolo á xuliana moi fina, bótao nun cunco e salga xenerosamente.

2. Incorpora 2 cenorias reladas e 1 mazá pelada e sen corazón cortada en bastóns.

3. Deixa repousar 1 hora na neveira e retira o exceso de auga que soltou a col.

4. Mestura as verduras con 3 culleradas de nata fresca para cociñar, 3 culleradas de salsa tártara e 2 culleradas de vinagre. Remove e sirve con noces.

Outras recomendacións

Outra salsa que non pode faltar nas túas receitas de Nadal é a Salsa Cocktail, a combinación perfecta para todo tipo de peixe ou marisco.

Descubre outras salsas especiais coas que podes inundar de sabor as túas receitas e o Tsatsiki, salsa grega de iogur, cogombro e menta, que combina con multitude de pratos.