Descubre a nosa variedade de salsas para os teus pratos de carne.

As mellores salsas para potenciar o sabor das túas carnes

16 de xullo de 2024

Queres darlle o toque final aos teus asados e ás túas grelladas? Unha boa salsa pode darlle outra dimensión aos teus pratos de carne. Presentámosche unha selección especial de salsas para carnes, moi versátiles, que non só complementan os teus cortes favoritos, senón que realzan o sabor de cada bocado.

Dende as clásicas salsas BBQ ata as especiais tipo Burger, prepárate para descubrir como potenciar o sabor das túas receitas coas nosas irresistibles salsas para carnes. Cal é a túa preferida?

Variedade de salsas para carnes de Mercadona

Salsa Barbacoa

Salsa Barbacoa Mercadona

A BBQ é unha opción clásica que non necesita presentación para os amantes das barbacoas. Esta salsa potencia o sabor dos teus pratos á grella cunha perfecta combinación de sabores afumados, doces e un lixeiro toque picante. Ideal para mariñar todo tipo de carnes: polo, costelas, incluso verduras..., dálles un sabor único e auténtico ás túas receitas, cunha profundidade irresistible. Tampouco a esquezas para dipear cos teus aperitivos favoritos, próbaa cuns nuggets de polo e a gozar!

Salsa Barbacoa Zero

Sala Barbacoa Zero Mercadona

Se buscas un aderezo máis saudable, aquí tes a versión BBQ Zero. Coas mesmas características que a anterior, pero sen azucres engadidos. Os seus principais ingredientes son: tomate, fibra de millo, vinagre, cebola e sal. Suxerímosche mariñar unhas ás de polo con esta salsa e cociñalas ao forno. Outra deliciosa opción é condimentar coa BBQ Zero un rico sándwich de lombo de porco empanado e col.

Salsa Burger

Salsa Burger Mercadona

A túa salsa especial para hamburguesas caseiras ou calquera outra receita de carne. Goza o toque de frescura e sabor que achega ás túas preparacións, coa súa base de tomate enriquecida con especias e outros condimentos. Toma nota da nosa proposta para aproveitar todo o seu potencial: fai seccións en forma de acordeón nunha pataca, enche os ocos con bacon e queixo e métea no forno, aderezándoa con salsa Burger. Verás que aperitivo máis delicioso!

Salsa Estilo Arxentino

Salsa Estilo Argentino Mercadona

Se che van os pratos de carne típicos da cociña arxentina, esta é a túa elección. Combina os teus asados, empanadas, chourizos, etc., co fino equilibrio entre dozura e acidez que consegue esta salsa. É tan versátil que podes utilizala para complementar as túas ensaladas, para dipear cos teus aperitivos ou como salsa para os teus wraps de polo ou as túas patacas. Nunca falla!

Salsa Pementa verde

Salsa Pimienta verde Mercadona

Unha salsa con chispa, lixeiramente picante, que ten na pementa verde o seu ingrediente protagonista. Preséntase nun sobre. Achega unha nota de frescura e un sutil picante que complementa á perfección todo tipo de pratos. A súa textura suave e cremosa fóndese de marabilla con filetes, solombos ou peitugas de polo, realzando o seu sabor.

Modo de emprego: disolve unha cullerada de manteiga ou margarina en 200 ml de auga e pona a ferver. Retíraa do lume, engade o contido do sobre e remove ata que a salsa ligue (aproximadamente 3 minutos)

Outras recomendacións

Se prefires acompañar as túas receitas de carne con Salsas Kétchup ou Mostazas, dámosche unha boa variedade de opcións. Tamén coas nosas Maionesas.

Se che gustan os sabores exóticos, proba as nosas Salsas orientais.

E se o que queres é cociñar as túas propias salsas, explicámosche aquí o paso a paso de tres Receitas de salsas para os teus pratos de carne.