AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Rica variedad de Salsas Orientales en Mercadona

Novos Prebes Orientais

01 de agosto de 2017

Presentámosche os Novos Prebes Orientais de Mercadona, os mellores temperos para as túas receitas asiáticas, que tamén podes empregar para realzares o sabor de pratos occidentais.

A gastronomía asiática é unha das máis populares en todo o mundo, xa que destaca polo seu extraordinario sabor e variedade, ben como polas súas características saudables. Dentro desta gastronomía os prebes teñen un papel primordial.

Os Novos Prebes Orientais de Mercadona

Cada prebe oriental está indicado para uns pratos concretos. Por iso, se somos amantes desta cociña, o ideal é ter unha ampla variedade de prebes orientais para poderes temperar calquera prato que cociñemos.

Poñemos á túa disposición os seguintes Novos Prebes Orientais:

Salsa Soja Salada

Moi habitual na cociña oriental, resulta ideal para acompañares os nosos pratos de sushi, arroces, fideos etc.

  • Preséntase nun envase de 250 ml.
  • Contén 16 racións/unidades de 15 ml.
  • Vida útil: unha vez aberto o envase, consumir en 6 semanas.

Salsa Soja Dulce

Indicada para acompañar os nosos Wok, fideos e macerar carnes e peixes.

  • Preséntase nun envase de 250 ml.
  • Contén 16 racións/unidades de 15 ml.
  • Vida útil: unh vez aberto o envase, consumir en 6 semanas.

Salsa Teriyaki

Apropiada para temperar os nosos pratos de carnes, arroces, espetadas etc.

  • Preséntase nun envase de 250 ml.
  • Contén 16 racións/unidades de 15 ml.
  • Vida útil: unha vez aberto o envase, consumir en 6 semanas.

Salsa Sweet Chili

Ideal como acompañamento para polos rebozados, roliños de primavera e arroces 3 delicias.

  • Preséntase nun envase de 435 ml.
  • Contén 15 racións/unidades.
  • Vida útil: unha vez aberto o envase consumir en 45 días.

Modo de conservación e preparación dos Novos Prebes Orientais de Mercadona

  • Modo de conservación: manter en frío.
  • Modo de preparación: axitar antes de servir.

Outras recomendacións

Se preferires condimentar os teus pratos con outro tipo de prebes non orientais, os nosos Prebes Curry, Jalapeño e Cremosa son os complementos ideais para os teus pratos, bocadillos e patacas fritidas.

E se as precisas, tamén poñemos á túa disposición Novos prebes de Mercadona para acompañares as túas hamburguesas, cachorros quentes e patacas fritidas.