Queres unhas ideas de Novos Hábitos para os teus xantares? Nada mellor que esta exquisita selección de Tostas que che presentamos, pequenos bocados que serven de xantar apetecible e fácil de preparar en calquera momento.
Mira que receitas tan variadas e tentadoras: Aguacate con tomate seco, Hummus con aceite e sementes de sésamo, Polo á prancha con champiñóns, Remolacha con quinoa, Salmón afumado con salsa de iogur ou Vexetal con e tomate. Para que escollas a que máis che guste ou as probes todas!
Sigue o vídeo paso a paso das Receitas de Tostas para os teus xantares
Tosta de salmón afumado con salsa de iogur
Ingredientes
- Panciño campión do mundo
- Salmón afumado
- Salsa de iogur
- Ovo
- Ceboliño
- Aceite virxe extra gran selección
Paso a paso:
- Poñer o salmón afumado sobre o panciño campión do mundo e aliñar con salsa de iogur.
- Escalfar o ovo envolvéndoo en filme con aceite e cociñalo en auga fervendo durante 4 minutos.
- Colocar o ovo na tosta e decorar con ceboliño.
Tosta de aguacate con tomate seco, coandro e noces
Ingredientes
- Panciño sen sal integral
- Aguacate
- Tomate seco
- Noz natural
- Coandro
- Aceite virxe extra gran selección
Paso a paso
- Cortar e desosar o aguacate e poñelo sobre o panciño sen sal integral.
- Hidratar en aceite o tomate seco, cortalo, esparexelo sobre a tosta e decorar con noces e coandro.
Tosta de hummus con aceite e sementes de sésamo
Ingredientes
- Panciño de olivas
- Hummus
- Sementes de sésamo
- Aceite virxe extra gran selección
- Pemento doce
Paso a paso
- Untar o hummus no panciño de olivas.
- Aliñar con aceite de oliva virxe extra, pemento doce e sementes de sésamo.
Tosta de remolacha con quinoa e vinagre balsámico
Ingredientes
- Panciño integral
- Remolacha cocida
- Vasiño de quinoa
- Vinagre balsámico de Módena
- Pipas de cabaza naturais
- Aceite virxe extra gran selección
Paso a paso
- Cortar á xuliana a remolacha fervida, salteala coa quinoa uns 2 minutos e engadir unhas gotas de vinagre balsámico de Módena.
- Colocar a mestura na tosta de panciño integral e decorar con pipas de cabaza.
Tosta de polo á prancha con ourego, loureiro e champiñóns
Ingredientes
- Panciño 6 cereais
- Solombo de polo
- Ourego
- Loureiro
- Champiñón pequeno
- Aceite virxe extra gran selección
Paso a paso
- Sofritir as láminas de champiñón e colocalas sobre o panciño de 6 cereais.
- Asar as peitugas de polo cun pouco aceite uns 4 minutos e aliñar con ourego e loureiro cortados en anacos.
- Colocar sobre os champiñóns e aliñar con aceite de oliva virxe en cru.
Tosta vexetal
Ingredientes
- Panciño campión do mundo
- Tomate canario
- Leituga iceberg
- Olivas sen óso
- Olivas cacereñas negras sen óso
- Aceite virxe extra gran selección
- Sal
Paso a paso
- Colocar sobre o panciño campión do mundo o tomate, a leituga iceberg e unha chisca de sal.
- Decorar cun picado de olivas negras e verdes con aceite.
Outras recomendacións
Consulta a nosa proposta de xornada de Novos Hábitos, que inclúe estas deliciosas tostas para os teus xantares xunto a outras receitas lixeiras para o resto do día.
Suxestións para a túa cea de Novos hábitos: Receita de Sopa de Kale, Bimi e Leituga e Receita de Pescada con verduriñas ao vapor.