Presentámosche a nosa Receita de Lasaña Vegana, unha forma diferente e moi saborosa de consumir verduras que che vai encantar. Ideal para os teus xantares e as túas ceas primaverais.
Este apetitoso prato combina capas de berenxena, champiñóns, alcachofas e tomate cunha bechamel a base de fariña integral, bebida de améndoas, cogomelos e un topping de améndoas e abelás.
É unha receita deliciosa e moi fácil de preparar, pensada para 4 persoas e que che levará uns 45 minutos a súa elaboración.
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Lasaña Vegana
Ingredientes para 4 persoas:
- 2 berenxenas.
- 2 tomates canarios.
- 250 g de corazóns de alcachofa conxelados.
- 350 g de champiñóns laminados.
- 20 g de piñóns ibéricos.
- 20 g de améndoas moídas.
- 25 g de abelás tostadas.
- Ourego.
- Sal.
Para a bechamel de cogomelos:
- 50 g de fariña de trigo integral.
- Aceite de oliva suave.
- 1 litro de bebida de améndoas sen azucres engadidos.
- Salteado de cogomelos conxelados.
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso paso a paso desta exquisita receita explicámosche todos os detalles a continuación.
1. Cortar a berenxena en láminas finas e deixar repousar en sal durante 20 minutos. Asar nunha prancha sen que escureza.
2. Refogar lixeiramente os champiñóns e salgar.
3. Cocer as alcachofas en auga fervendo con sal uns 15-20 minutos.
4. Deixalas arrefriar e cortar en láminas.
5. Saltear os piñóns sen que collan cor.
6. Engadir as láminas de alcachofas.
7. Untar unha bandexa de forno con aceite de oliva e ir colocando as seguintes capas: primeiro, a berenxena facendo base.
8. Os champiñóns.
9. As alcachofas con piñóns
10. O tomate cru cortado en láminas e ourego esparexido por enriba. Colocar na mesma orde unha segunda capa de cada.
11. Para preparar a bechamel: poñer a lume suave e nunha tixola fonda dúas culleradas sopeiras de aceite de oliva suave, sal e uns 50 g de fariña integral.
12. Mesturar ben e engadir a bebida de améndoas pouco a pouco ata ter a salsa bechamel.
13. Desconxelar e saltear os cogomelos conxelados tal e como sinala o produto.
14. Triturar e mesturar os cogomelos coa bechamel ata que quede lixeiramente líquida
15. Verter a bechamel por enriba das láminas da lasaña vexetal ata que queden ben cubertas.
16. Machucar améndoas e abelás (uns 50 g entre os dous froitos), e esparexer por enriba da lasaña.
17. Meter no forno a 180º previamente quentado e accionado por arriba e abaixo ata que doure a capa superior.
Outras recomendacións
Se che gusta comer verduras de forma orixinal, proba tamén a nosa Receita de Espirais de Cabaciña con Pesto de Pistacho. Encantarache!