Apetéceche cociñar unha exquisita receita de Tataki de Salmón? O tataki é un dos pratos orientais máis coñecidos de todo o mundo, unha forma moi orixinal de comer peixe.
Só tes que mariñar o lombo do salmón en salsa de soia, rebozalo en sementes de sésamo, cociñalo na tixola e… goza na túa propia casa desta deliciosa receita xaponesa!
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Tataki de Salmón
Ingredientes para 4 persoas:
- Lombo de salmón noruegués
- Cabaciña
- Sementes de sésamo
- Ceboliño
- Lima
- Salsa de soia
- Sal
Paso a paso:
Se queres preparar esta exquisita receita oriental sigue os pasos que che indicamos a continuación.
1. Mariñar o salmón en salsa de soia durante 5 minutos.
2. Cortar a cabaciña en finas lascas.
3. Aliñar a cabaciña con zume de lima, sal e aceite.
4. Rebozar o salmón no sésamo.
5. Cociñar durante 20 segundos por cada un dos 4 lados.
6. Cortar o salmón en toros de 1 centímetro.
7. Poñer a base de cabaciña.
8. Colocar o salmón en forma de dominó.
9. Raiar a lima sobre os toros de salmón.
10. Decorar co ceboliño.
Outras recomendacións
Se queres preparar outras receitas de peixe, proba esta Receita de Pescada con verduriñas ao vapor. E descubre outras receitas de peixe sinxelas e deliciosas.