Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".
Presentámosche unha receita saborosa que podes incluír dende hoxe nas túas comidas. O Solombo de pavo con salsa de laranxa, cabaza e xenxibre é un prato que destaca pola súa orixinal combinación de sabores: a suavidade da carne de pavo contrasta co sabor cítrico da laranxa e o toque oriental do xenxibre.
Unha proposta ideal para o segundo prato do teu xantar, perfecta para prepararte para esta tempada. Deliciosa e cun incrible sabor mediterráneo.
Sigue o vídeo paso a paso da receita de Solombo de pavo con salsa de laranxa, cabaza e xenxibre:
Ingredientes para 2/4 persoas:
2 solombos de pavo.
1 cuarteirón de laranxa por prato.
Reladura de pel de laranxa.
O zume de media laranxa.
50 g de cabaza cortada en dadiños por persoa.
10-15 g de xenxibre.
1 culleradiña de fariña.
Tomiño.
Aceite de Oliva.
Popurrí de pementas.
Ceboliño.
Sal.
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa desta saborosa receita.
1. Cortar en dados 50 g de cabaza por persoa.
2. Saltear a cabaza.
3. Relar o xenxibre.
4. Espremer o zume de media laranxa.
5. Picar un anaco da pel da laranxa.
6. Facer unha salsa a lume suave co xenxibre, a pel da laranxa e o zume. Engadir unha chisca de sal e 1 culleradiña de fariña.
7. Reducir a salsa a lume suave.
8. Asar os solombos de pavo á prancha.
9. Salpementar e engadir tomiño.
10. Baixar o lume e tapar durante 10 minutos.
11. Empratar decorando cun cuarteirón de laranxa, dados de cabaza e o ceboliño.
Para coñecer máis información sobre a campaña de laranxas españolas de Mercadona, recomendámosche que consultes este artigo.
O Nadal é época de reunións, reencontros, comidas e ceas nas que compartimos momentos con familiares ou amigos que poden ser inesquecibles. Por iso é conveniente coidalas ao máximo, sobre todo se somos os anfitrións.
Por se acaso nestas festas tes invitados para comer ou cear, preparamos unha coidada selección de Receitas de Mercadona coas que sorprenderás os teus seres que...
O verán é unha época perfecta para organizar unha comida divertida e ao aire libre coa túa familia ou cos teus amigos. Se estás pensando en facer algunha grellada este verán, remata a súa preparación cunha boa selección de salsas que fagan as delicias de todos os comensais.
Suxerímosche combinar as verduras con crocante de abelás, salsa de plátano e c...
Queres unhas ideas de Novos Hábitos para os teus xantares? Nada mellor que esta exquisita selección de Tostas que che presentamos, pequenos bocados que serven de xantar apetecible e fácil de preparar en calquera momento.
Mira que receitas tan variadas e tentadoras: Aguacate con tomate seco, Hummus con aceite e sementes de sésamo, Polo á prancha con champiñóns, Remolacha con quinoa, Sal...