Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Aprende a preparar a nosa receita paso a paso ao forno de Polo de Campo ao allo e limón.

Receita de Polo de Campo ao allo e limón

15 de novembro de 2018

Aínda non probaches o noso saboroso polo de campo? Pódelo encontrar na Carnicería de Mercadona.

Esta receita elaborada ao forno co sazonador de allo e limón recolle toda a esencia dos sabores mediterráneos, eses que tanto nos gustan.

Acompáñalo con tomate, espárragos e salsa de noces, brócoli e limón, potenciando o delicioso sabor dun polo campeiro.

Un prato delicioso, perfecto para gozar en familia ou con amigos.

Sigue o vídeo paso a paso para elaborar a receita de Polo de Campo ao allo e limón:

Ingredientes para 4 persoas:

  • 4 cuartos traseiros de Polo de Campo.
  • Sazonador de allo e limón.
  • Brócoli.
  • 50 g de noces peladas.
  • Tomates cereixa.
  • Espárragos verdes.
  • Popurrí de pementas.
  • Tomiño.
  • Aceite de oliva virxe extra.
  • Sal
  • Limón
  • Pementa branca

Paso a paso:

Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa desta deliciosa receita:

1. Incorporar dentro da bolsa para forno (incluída no envase do Sazonador de allo e limón) un sobre de sazonador e dous cuartos traseiros de polo de campo.

Paso 1.1 Receta pollo de campo al ajo y limón

Paso 1.2 Receta pollo de campo al ajo y limón

2. Cerrar a bolsa, poñela sobre a bandexa do forno e cociñalo no forno, quentado previamente a 180º, durante unha hora.

Paso 2 Receta pollo de campo al ajo y limón

3. Limpar e cortar o brócoli.

Paso 3 Receta pollo de campo al ajo y limón

4. Fervelo durante 2-3 minutos.

Paso 4 Receta pollo de campo al ajo y limón

5. Triturar as noces.

Paso 5 Receta pollo de campo al ajo y limón

6. Engadir o brócoli e bater todo xunto.

Paso 6.1 Receta pollo de campo al ajo y limón

Paso 6.2 Receta pollo de campo al ajo y limón

7. Salpementar e aliñar con limón.

Paso 7.1 Receta pollo de campo al ajo y limón

Paso 7.2 Receta pollo de campo al ajo y limón

8. Refogar os espárragos verdes cos tomatiños cereixa, sal e tomiño.

Paso 8 Receta pollo de campo al ajo y limón

9. Servir no prato xunto cos espárragos, os tomatiños ao tomiño e un pouco de zume do asado do polo.

Paso 9.1 Receta pollo de campo al ajo y limón

Paso 9.2 Receta pollo de campo al ajo y limón

Outras recomendacións

Apetéceche unha cervexa para acompañar esta deliciosa comida? Elixe a que máis che guste entre a ampla variedade de Cervexas de Mercadona.

Queres coñecer outras receitas que poden solucionar as túas comidas e ceas caseiras? Aquí tes a nosa lista de receitas, aprovéitaa.