Probaches algunha vez o Gaspacho de Amorodos? Coa chegada do bo tempo apetecen cada vez máis as receitas refrescantes. O gaspacho é perfecto para os días de calor, un dos pratos máis representativos da nosa gastronomía.
Presentámosche unha deliciosa receita de gaspacho elaborada con amorodos, tomate, pemento vermello, aceite de oliva, alfábega e un toque de queixo parmesano.
Comer os amorodos en gaspacho é a maneira máis orixinal de consumir unha das froitas máis apetecibles da tempada. Sírveo ben frío!
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Gaspacho de Amorodos
Ingredientes para 4 persoas:
- 400 g de amorodos grandes
- 3 tomates pera
- 1 pemento vermello
- 3 culleradas de aceite de oliva virxe extra
- 1 cullerada de vinagre balsámico de Módena
- Alfábega
- Pementa negra
- Sal
- Queixo Grana Padano
- Auga
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes todos os detalles para preparar esta deliciosa receita.
1. Cortar os amorodos en tacos e anaquiños.
2. Cortar os pementos en tiras e a anaquiños.
3. Pelar e cortar os tomates.
4. Poñer os amorodos, os tomates, o pemento, a auga, o sal e a pementa negra na trituradora.
5. Engadir tres culleradas de aceitee unha cullerada de vinagre de Módena.
6. Triturar.
7. Servir nun cunco, engadir taquiños de amorodos e pemento e decorar con alfábega e unhas lascas de queixo Grana Padano.
Outras recomendacións
Se che gustan máis os amorodos para a sobremesa, proba esta Receita de Amorodos salteados con Xeado de Vainilla.
E se buscas máis receitas refrescantes de gaspacho con froitas, encantarache este Gaspacho de Sandía con cubiños de limón e xenxibre.