O próximo 27 de maio celébrase o Día Nacional do Celíaco/a. Mercadona súmase a esta conmemoración facendo patente o seu forte compromiso coas necesidades deste colectivo, que se traduce en numerosos produtos sen glute no noso lineal e un traballo constante para seguir innovando e ampliando a nosa oferta.
Para ir preparando o terreo ensinámosche a preparar un Biscoito sen Glute reenchido de crema de limón e froitas do bosque. Unha deliciosa receita apta para celíacos/as que combina o sabor refrescante da crema de limón co toque silvestre dos froitos vermellos. Sorprende a túa familia ou amigos cunha presentación de alta repostería que todos quererán probar.
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Biscoito sen Glute
Ingredientes para 4 persoas:
- 375 g de Preparado para biscoito
- 300 ml de nata sen lactosa
- 4 ovos
- 300 g de froitas silvestres
- Azucre glas
- Sal
Ingredientes para a Crema de Limón:
- 250 g de manteiga sen lactosa
- 300 g de azucre
- 5 ovos
- 3 limóns
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa deste rico biscoito.
Para cociñar o biscoito
1. Botar 4 ovos nun recipiente e bater.
2. Engadir unha chisca de sal.
3. Incorporar a nata.
4. E o preparado de biscoito sen glute.
5. Bater ata que quede homoxéneo.
6. Untar un molde coa manteiga derretida.
7. Esparexer un pouco do Preparado de Biscoito.
8. Botar a masa no molde engraxado.
9. Meter no forno só con calor por debaixo a 170º uns 35 minutos. Pinchar aos 30 minutos para comprobar a cocción.
Para preparar a crema de limón
1. Mesturar o azucre coa manteiga nunha pota.
2. Engadir o zume dos limóns.
3. Incorporar os 5 ovos.
4. Bater ata que ferva.
5. Cortar o biscoito.
6. Reencher o biscoito coa crema xa fría.
7. Incorporar as froitas silvestres e ir creando capas.
8. E decorar con azucre glas.
Mercadona mantén unha relación moi estreita coa Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE), Celíacs de Catalunya (SMAP), a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG) e a Asociación Española de Persoas con Alerxia a Alimentos e Látex (AEPNAA), co obxectivo de seguir colaborando na mellora da información e formación dos consumidores sobre alérxenos, analizar os diferentes problemas existentes e buscar solucións que satisfagan as súas necesidades.
Outras recomendacións
Se buscas máis produtos Sen Glute, entra nesta sección onde encontrarás algúns dos nosos máis de 1.250 produtos con esta característica.
E se queres aprender a cociñar outro doce, sigue o noso vídeo paso a paso para preparar unha exquisita e sinxela receita de Torta de Cereixas.