Esta receita de cabaciñas recheas de pesto é ideal para comer verduras da forma máis saborosa. A combinación de sabores entre as cabaciñas e o pesto é inigualable.
Goza con esta receita de carácter mediterráneo. Prepara a túa propia salsa de pesto e enche as cabaciñas na túa casa. Aprende a preparalas, é moi fácil!
Sigue o noso paso a paso da Receita de Cabaciñas recheas de pesto
Ingredientes para 4 persoas:
- 1/4 de cebola
- 3 cabaciñas
- 2 ovos campeiros
- 100 ml de aceite de oliva Virxe Extra
- 20 g de follas de alfábega
- 30 g de piñóns
- 30 g de queixo Grana Padano
- 2 dentes de allo
- Pementa negra
- Sal
Paso a paso:
1. Cortar en anacos a cebola e picar o allo.
2. Lavar e cortar as cabaciñas en tres anacos. Cunha culler baleirar delicadamente a polpa da cabaciña, creando unha especie de cunquiños cun bordo duns 2 o 3 milímetros. Reservar a polpa que saquemos.
3. Refogar a cebola e o allo.
4. Engadir a polpa da cabaciña, salgar, cociñar 10 minutos e reservar.
5. Para preparar o pesto: Engadir no batedor a alfábega, os piñóns, o queixo, o sal, un dente de allo e o aceite.
6. Bater e reservar.
7. Bater os ovos no batedor.
8. Engadir a polpa de cabaciña e bater.
9. Agregar o pesto e mesturar.
10. Botar sal e pementa nos cunquiños de cabaciña. Encher coa mestura e esparexer queixo.
11. Meter no forno 20 minutos a 200 ºC arriba e abaixo.
12. Unha vez gratinados enfornar 15 minutos por abaixo.
13. Servir nos pratos.
Outras recomendacións
Se che gusta esta combinación, non perdas esta receita de Espirais de Cabaciña con pesto de pistacho. E se necesitas máis pratos para os teus xantares e ceas visita a nosa sección de Receitas.