Ideas con produtos de comidas rápidas para a volta á rutina.

Comidas rápidas para a volta á rutina

12 de septembro de 2022

Como levas a volta á rutina despois das vacacións? Pouco a pouco vas recuperando os vellos hábitos e incorpóraste de cheo ás obrigas laborais, de estudos, etc. Ante todo, tómao con calma e evita o estrés.

Se non tes tempo de cociñar, suxerímosche ideas con produtos de comida rápida que podes levar ao traballo e que non requiren apenas preparación. Así, poderás organizar mellor o día a día, sen apuros, e sabendo qué podes comprar para completar a túa cesta equilibrada. Sacar do frigorífico ou quentar e listo!

Comidas rápidas para levar ao traballo

Aproveita a facilidade e versatilidade destes produtos para organizar un menú semanal equilibrado. Como ves, hai unha boa variedade, un prato completo para cada día:

Gaspacho 330 ml + Crema de cabaza e cenoria

Crema de calabaza y zanahoria y Gazpacho de Mercadona

  • O gaspacho é unha xoia da nosa gastronomía, rica en vitaminas e outros nutrientes, que non poden faltar. Perfecto como entrante, consómese frío. Elaborado coas mellores hortalizas frescas, seguindo a receita tradicional. Ademais, con este tamaño podes levalo a calquera sitio. Só tes que axitar antes de servir e xa está listo para consumir. Así de fácil! Descubre máis cousas sobre esta bebida lixeira e refrescante.
  • A crema de cabaza e cenoria permite o seu consumo en frío ou quente, segundo che guste. A mestura destes dous ingredientes, baixos en calorías e abundantes en vitaminas, minerais e fibra, é lixeira e moi sa. Un prato ideal para incluír verduras na túa dieta dunha forma deliciosa.

Hamburguesa con queixo (Listo para Comer)

Burger con queso de Mercadona

  • O clásico por excelencia da comida rápida é unha hamburguesa con queixo. Fai unha pausa no traballo e ten un capricho: goza dunha hamburguesa caseira, un pan de calidade e uns liscos de queixo. Nunca falla!

Lasaña boloñesa

Lasaña boloñesa de Meradona

Gústache a comida italiana? Seguro que si. Goza este prato tan internacional e todos os beneficios de comer pasta. A salsa está elaborada ao xeito tradicional con carne de primeira calidade. Se prefires outros tipos de lasañas e canelóns, elixe a opción que máis che guste. Basta con quentar no microondas 3 ou 4 minutos e servir.

Un cuarto de polo con patacas (Listo para Comer)

Un cuarto de pollo con patatas de Mercadona

Outro prato típico que non pode faltar. A carne branca do polo, baixa en graxas e calorías, achéganos proteínas, nutrientes e vitaminas necesarios para o noso organismo. Pola súa parte, os carbohidratos das patacas son unha excelente fonte de enerxía. Así que a combinación é perfecta para recibir a fin de semana en plena forma. plena forma.

Ensalada rusa (Listo para Comer)

Ensaladilla rusa de Mercadona

Un prato principal fresquiño, elaborado con verdura fresca, que lle gusta a todo o mundo. Outro clásico indiscutible da nosa gastronomía. Non necesita preparación, xa que cho ofrecemos listo para abrir e consumir. Á parte da ensalada rusa, dispós doutras ensaladas de sabor caseiro. Descúbreas!

Consulta cales das nosas tendas teñen Listo para Comer.

Outras recomendacións

As posibilidades de comidas rápidas para levar ao traballo que che ofrece Mercadona son moitas. Por exemplo, se che gustan as albóndegas de polo ou en salsa, agora telas á túa disposición con mellor sabor e unha salsa máis caseira.

Probaches as nosas tortillas de pataca? Tanto se prefires a clásica tortilla española como se che gusta máis con cebola, basta con abrir o envase, quentar e servir.

Se che gusta o picante, acompaña con arroz o noso Chili con carne e terás un prato principal perfecto e a tope de sabor.

Máis ideas de pratos de Listo para Comer.