Para eses momentos nos que non tes tempo para cociñar, pero queres gozar dun prato apetecible, estas albóndegas son unha excelente opción.
Dispoñemos de dous tipos:
- Albóndegas de polo.
- Albóndegas en salsa.
Un produto moi cómodo e fácil de preparar e consumir
- Estas albóndegas destacan pola súa facilidade de preparación.
- Preséntanse nun formato de 420 g por lata.
Como preparalas?
- No microondas: verte o contido da lata nun envase apto para microondas e quenta durante 2 minutos. Atención: non metas a lata directamente no microondas.
- Na cazola: baleira o contido da lata e quenta a temperatura media e removendo durante 5 - 6 minutos.
Suxestións de consumo
Lembra que as nosas albóndegas en lata permiten diferentes posibilidades á hora de consumilas, para dar variedade aos teus pratos. Por exemplo:
- Se as combinas con arroz terás unha receita completa, ideal para os teus menús.
- Acompáñaas con pasta e goza dun prato único que che resolve un xantar ou unha cea.
- Sírveas acompañadas por unhas patacas, unha combinación que sempre trunfa!
- Prefírelas cunhas verduras? Son o contrapunto perfecto para as túas albóndegas.
Outras recomendacións
Coñeces as nosas Tortillas de pataca e cebola listas para quentar e servir?