Coñeces Listo para Comer? É unha sección das nosas tendas onde dámos servizo de pratos con produtos frescos e acabados de cociñar para aqueles momentos nos que os nosos clientes non poden ou non queren cociñar, pero queren seguir gozando do sabor máis caseiro!
Que podes encontrar en Listo para Comer?
Na nosa sección ofrecemos pratos de máxima calidade a diario, que podes levar á casa ou consumir onde queiras.
Poñemos á túa disposición en Listo para Comer unha ampla selección de pratos caseiros:
- Entrantes e fritos
- Ensaladas
- Pizzas e gratinados
- Asados e arroces
- Bocadillos e hamburguesas
Que servizos temos dispoñibles?
- Podes realizar encargos dos nosos pratos para recollelos no día e momento que ti prefiras.
- Podes quentar calquera prato nun dos nosos microondas, coller cubertos e, nalgunhas das nosas tendas, podes consumilos alí mesmo, comodamente, na nosa zona habilitada para iso.
- Podes acompañar os teus pratos favoritos coas nosas bebidas frías.
Onde temos Listo para Comer?
Actualmente estamos, aproximadamente, en 800 tendas de España e Portugal.
Consulta cales das nosas tendas teñen Listo para Comer e escolle a máis próxima.