Probaches o noso Salmón ao natural? É un dos nosos produtos máis populares e unha das variadas formas que che ofrecemos para o consumo deste peixe tan popular.
Ideal para as túas ensaladas, tostas, bocadillos, sándwichs, tortillas, o que che apeteza!
Antes de seguir, unha recomendación: unha vez aberto o envase, procura consumilo na súa totalidade. Se non é así, lembra conservalo no frigorífico dentro do seu recipiente orixinal un máximo de 24 horas.
Sigue o paso a paso para elaborar estas 4 Receitas con Salmón ao natural
Ensalada nórdica de salmón ao natural e hélices vexetais
Ingredientes para 4 persoas. 15 minutos
- 3 latas de salmón ao natural
- 200 g de espirais vexetais
- 150 g de remolacha
- 1/2 cogombro
- Ensalada gourmet lavada
- 20 g de requeixo
- 1 cullerada de iogur natural
- Ceboliño ao gusto
- Zume de 1/2 lima
- 1 culleradiña de mel
Paso a paso:
- Paso 1: coce a pasta seguindo as instrucións do paquete e engade un pouco sal. Escorre e reserva ata que arrefríe.
- Paso 2: para a salsa, mestura ben todos os ingredientes: o iogur, a lima, o mel e o ceboliño. Bótalle sal e pementa.
- Paso 3: para a ensalada, mestura a pasta e algúns brotes da mestura gourmet na base. Engade a remolacha e o cogombro cortado en rodas finas. Verte o requeixo. Finalmente, agrega o salmón en liscos e a salsa.
Sándwich de paté de salmón con piña
Ingredientes para 2 persoas. 5 minutos
- 3 latas de salmón ao natural
- 4 rebandas de pan de espelta
- 1 roda de piña
- 4 culleradas de alioli
- 1 cullerada de coandro fresco
- 1/2 cebola vermella
- Herba dos cóengos
Paso a paso:
- Paso 1: prepara o paté mesturando o salmón, o alioli e o coandro. Bótalle sal e pementa.
- Paso 2: corta a cebola en aros finos.
- Paso 3: coloca unha xenerosa porción de paté de salmón sobre unha rebanda de pan. Enriba, engade a herba dos cóengos, a piña e os aros de cebola. Termina colocando a outra rebanda de pan.
Ensalada de salmón ao natural, quinoa e garavanzos
Ingredientes para 4 persoas. 20 minutos
- 3 latas de salmón ao natural
- 150 g de quinoa
- 100 g de espinacas
- 30 ml de aceite de oliva
- 260 g de garavanzos
- 1 cenoria pequena
- Zume de 1/2 limón
- 2 dentes de allo
- 10 g de pasas sultás
- Sementes de sésamo
- 1 iogur grego
- 1 culleradiña de allo en po
- Cecimbre
Paso a paso:
- Paso 1: bota dúas cuncas de auga nunha pota e coce a quinoa cun pouco sal. Unha vez cocida, separa ben os garavanzos cun garfo e reserva.
- Paso 2: por outra parte, prepara a salsa: xunta o iogur, o allo en po, o zume de limón, o cecimbre e o sal e a pementa.
- Paso 3: refoga as espinacas e os dentes de allo machucados en aceite de oliva. Engade un pouco sal. Retira do lume e agrega os garavanzos escorridos, a cenoria relada e as pasas sultás.
- Paso 4: monta a ensalada colocando a mestura de espinacas, garavanzos e cenoria sobre a base de quinoa. Distribúe os liscos de salmón por enriba e termina aderezando coa salsa e coas sementes de sésamo.
Bruschetta de salmón ao natural con aguacate e laranxa
Ingredientes para 4 persoas. 10 minutos
- 3 latas de salmón ao natural
- 4 rebandas de baguette de masa nai
- 20 ml de aceite de oliva
- 1 aguacate
- 12 follas de alfábega
- 1/2 cebola vermella
- Améndoa laminada ao gusto
- 1 culleradiña de mel
- 1 culleradiña de mostaza
- Zume e pel dunha laranxa
- 1 culleradiña de allo en po
Paso a paso:
- Paso 1: Comeza pola salsa, mestura ben o zume da laranxa, a mostaza, o allo en po, o mel e bótalle sal e pementa. Aduba o salmón en liscos na salsa, procura que quede ben empapado.
- Paso 2: Torra as rebandas de pan nunha prancha cun pouco aceite.
- Paso 3: Monta as bruschettas, empezando polas follas de alfábega, a cebola cortada moi fina en forma de media lúa e o aguacate en cubos. Por último, engade os liscos de salmón e adereza a bruschetta coa salsa. Finaliza coa améndoa en láminas e a pel de laranxa.
Outras recomendacións
Se che gusta o salmón, suxerímosche este riquísimo tataki de salmón. Moi fácil de preparar!