Gústache a Crema de Cacahuete? Pois non esperes a probar a que temos nas nosas tendas de Mercadona. Este produto está sorprendendo debido ao seu exquisito sabor e á súa perfecta textura.
Un alimento que permite moita variedade de consumo: podes tomalo en almorzos e merendas, untar torradas, facer galletas ou incluso preparar salsas para acompañar carnes. Ideal tamén para combinar con froita!
Os cacahuetes, o único ingrediente
A Crema de Cacahuete de Mercadona está elaborada utilizando soamente cacahuetes.
Mentres que outros produtos no mercado ofrecen cremas de cacahuete que inclúen aceite de palma, conservantes e outros aditivos, a nosa crema encóntrase libre de todos eses ingredientes e céntrase na materia prima fundamental: cacahuetes da máxima calidade.
Outras características da Crema de Cacahuete de Mercadona
Ademais de estar elaborada exclusivamente con cacahuetes, este produto distínguese polas seguintes características:
- Non contén aceite de palma.
- Está libre de azucres engadidos.
- Non ten colorantes, conservantes nin aditivos.
- No contén glute, polo que tamén é apta para persoas celíacas.
- Destaca polos seus valores nutricionais e pola súa elevada achega calórica e proteica.
- É apta para dietas veganas.
Outras recomendacións
Coñeces o noso Guacamole? É delicioso e está elaborado cun 95% de aguacate fresco. Sen glute.