Que ben sentan as Cremas frías no verán! Axúdannos a hidratarnos, refréscannos e achégannos nutrientes que son necesarios nesta tempada máis calorosa.
Ademais, pódense elaborar con diferentes ingredientes, o que dá moito xogo e as converte nunha excelente opción para que os menús das túas comidas e ceas estivais sexan variados e saudables.
As Cremas frías, xunto ás Ensaladas de verán, son excelentes opcións, lixeiras e refrescantes, para axudarnos a levar a calor. Cunha pouca creatividade e imaxinación, podes preparar os mellores pratos fríos de culler. Aproveita as nosas suxestións e inclúe estes ingredientes na túa cesta equilibrada!
3 receitas de Cremas frías diferentes para combater a calor
Receita de Gaspacho de sandía
Esta receita é unha versión alternativa de gaspacho que utiliza sandía como ingrediente principal. A sandía é unha froita refrescante onde as haxa, xa que a súa composición principal é a auga, que supón ata un 95 % do seu contido. Polo tanto, é perfecta para manter o teu corpo ben hidratado no verán gozando do seu rico sabor.
Ademais, os alimentos ricos en auga facilitan a circulación sanguínea, a saúde da pel e a dixestión. Se enriba lle engades unhas pedriñas de xeo de limón e xenxibre, como che suxerimos na receita, resulta unha comida moi fresca e oportuna para os días de calor.
Sigue o paso a paso para preparar esta receita.
Receita de Sopa fría de cogombro
O cogombro é un ingrediente clásico da dieta mediterránea. Moi refrescante, pouco calórico e rico en auga, destaca polos seus efectos diuréticos. Ten en conta tamén o su contido en vitaminas e minerais.
Se preparas a sopa de cogombro en combinación con iogur grego, tal como che suxerimos a continuación, e a completas cunhas gambas rustridas, estás preparando un prato fresco, orixinal e, ademais, nutritivo e saudable.
Sigue o paso a paso para preparar esta receita.
Receita de Gaspacho de remolacha
Prepara un gaspacho diferente con esta atractiva hortaliza. A remolacha é baixa en calorías, polo que resulta moi adecuada para o verán. Destaca, ademais, pola súa xenerosa achega de nutrientes.
Pode consumirse cocida ou crúa. Neste último caso, resulta máis dura, pero conserva intactas as súas propiedades nutricionais. É moi práctico relala, triturala ou cortala en pequenos dadiños para engadirlla ás ensaladas.
Para a preparación que suxerimos, incorporas a remolacha triturada a este gaspacho tan especial, xunto a outros ingredientes saudables como cogombros, tomates, cebolas e allos.
Sigue o paso a paso para preparar esta receita.
Outras recomendacións
Sigue os nosos consellos para manter o teu corpo hidratado as 24 horas do día.
Propoñémosche as mellores bebidas para as túas merendas refrescantes: orchatas, cafés fríos, etc.
Se tes prevista unha excursión ou unha escapada ao aire libre, suxerímosche unha selección de produtos ideais para compartir.