Selección de produtos para saír de excursión e montar unha petiscada ou unha comida ao aire libre.

Goza os momentos máis deliciosos ao aire libre

06 de maio de 2022

Por fin chegou o bo tempo... Tes pensado facer unha excursión ao campo, gozar dun pícnic ou pasar un bo momento na praia? Apetéceche tomar un aperitivo ou comer na túa terraza?

Cada produto que che presentamos a continuación é ideal para compartir ao aire libre, gozando do clima e do mellor sabor. Temos unha exquisita selección especialmente preparada para estes casos, queres coñecela?

Aperitivos

Aperitivos de Mercadona para hacer un picnic al aire libre

Para romper o xeo, facer unha petiscada ou simplemente tomar un refrixerio, nada mellor que esta deliciosa selección de aperitivos. É difícil decidirse para este primeiro momento, pero vale a pena intentalo!

  • Regañás.
  • Pipas xirasol grella.
  • Chícharos de raposo.
  • Olivas negras S/O.
  • Crema de Queixo sabor suave.
  • Cacahuete tostado Hacendado 0 % sal engadido.
  • Guacamole.
  • Salsa mexicana.
  • Nachos.
  • Hummus de garavanzos.
  • Limoada lixeira sen gas.
  • Refresco de laranxa sen gas.

Agora que xa coñeces toda a variedade de entrantes que che propoñemos, que tal servir unhas olivas negras sen óso, agora cunha textura mellorada e máis saborosa?, ou uns Nachos con guacamole? Proba as Regañás co noso Hummus Classic ou coa Crema de Queixo sabor suave. Soa tentador, verdade?

Principais

Imagen Texto 2 Momentos aire libre

Chega o momento dos pratos principais. Entramos en situación, estamos collendo ritmo! Temos todo o que necesitas para unha boa comida ou cea aproveitando o bo tempo. Axudámosche a organizala con estas suxestións:

  • Táboa de Queixos nacionais.
  • Xamón cebo ibérico (cortado co coitelo).
  • Sticks Longaínza.
  • Sticks Polo.
  • Tortilla de pataca e cebola.
  • Ensalada queixo de cabra.
  • Ensalada mil illas.
  • Ventrecha de atún claro.
  • Ensalada rusa.
  • Brioche Vexetal (dispoñible nas tendas con Listo para comer).
  • Gaspacho fresco.
  • Pan chapata de cristal.
  • Cervexa 0,0 % sen alcohol tostada Falke.

Isto xa é meterse en fariña, eh? A combinación da selección de Ibéricos coa Táboa de queixos nacionais é infalible. E que dicir da Tortilla de pataca e cebola? A ensalada rusa de coidado sabor caseiro e as ensaladas frescas son outros imprescindibles para estes encontros ao aire libre. Pero non fai falta que che digamos moito máis, ti xa tes as túas preferencias.

Doces

Dulces de Mercadona para un picnic al aire libre

O momento favorito de moita xente, o que están esperando os máis larpeiros, aínda que tamén poden consumirse estes produtos a modo de delicioso refrixerio compartido en boa harmonía.

  • Caramelos con pau Cherry Stick Hacendado con goma de mascar sabor cereixa.
  • Noz natural Hacendado pelada.
  • Chocolate 72 % de cacao.

Proba a combinar o noso Chocolate 72 % coas noces e verás que bo. As gomas de mascar con sabor cereixa son para os momentos máis distendidos. Mención especial para os macarons e os seus diferentes sabores para compartir.

Outras recomendacións

Á parte destes produtos, en Mercadona podes encontrar unha ampla selección para gozala ao aire libre. Por exemplo, a nosa variedade de Ensaladas son ideais para calquera ocasión e poden consumirse en calquera parte.