Ideas para a preparación de bocadillos para merendas da mañá e da tarde na volta á escola.

Volta á escola: prepáralle os bocadillos máis especiais

06 de septembro de 2021

Preparando a volta á escola? Xa tes listos os libros e o resto de material escolar? Se xa estás pensando en horarios, vestiario, mochilas e outras cuestións propias desta época do ano, viranche ben unhas ideas para non descoidar as merendas da mañá e da tarde do teu pequeno.

A merenda da mañá e a merenda da tarde son comidas clave que deben terse moi en conta, sobre todo na idade infantil. Por iso che propoñemos cinco bocadillos moi especiais, lixeiros, deliciosos e moi fáciles de preparar. Vanlle encantar!

5 bocadillos para a volta á escola

Imagen Texto 1 bocadillos cole

Bocadillo de atún, ovo cocido, tomate relado e olivas verdes

  1. Abre o pan pola metade.
  2. Unta o pan polas dúas caras con tomate relado e un chorriño de aceite de oliva.
  3. Coce un ovo en auga fervendo durante 10 minutos. Déixao arrefriar, pélao e córtao en dados.
  4. Corta unhas 6 olivas verdes sen óso en rodas.
  5. Mestura unha lata de atún, o ovo cocido e as olivas e enche o noso bocadillo.

Bocadillo de tortilla de pataca, tomate relado e queixo

  1. Podemos facer nós mesmos unha tortilla de pataca ou utilizar as nosas Tortillas Hacendado con ou sen cebola.
  2. Rela un tomate maduro e engade unha cullerada sopeira de aceite.
  3. Abre o pan pola metade, úntao co tomate, coloca un lisco de queixo e coroa cunha porción de tortilla de pataca.
  4. A gozar dun bocadillo que nunca falla!

Imagen Texto 2 bocadillos cole

Panciño con paus de surimi, maionesa e ceboliño

  1. Corta en anacos 3 paus de surimi en tacos de 1 cm de espesor.
  2. Mestura o surimi cunha cullerada de maionesa.
  3. Abre o pan, dispón a mestura e esparexe ceboliño.

Pan de molde con crema de abelás caseira e plátano

  1. Coloca 200 g de abelás nun batedor e tritura a máxima potencia ata que se forme unha crema líquida.
  2. Pica 200 g de chocolate 85 % cun coitelo. Bótao nun cunco grande apto para microondas e méteo neste durante un minuto.
  3. Remove o chocolate fundido e repite a operación se non estivese fundido durante 30 segundos máis.
  4. No propio batedor, engade o chocolate fundido á crema de abelás e mestura ben.
  5. Incorpora unha culleradiña de aroma de vainilla e 5 g de sal. Engade 2-3 dátiles. Bate todo ata que se integre ben a mestura.
  6. Mete a crema na neveira para que colla a textura desexada.
  7. Unta unha rebanda de pan coa crema de abelás e coloca rodas de plátano.

Panciños con xamón cocido, aguacate, tomate seco e queixo fresco

Imagen Texto 3 bocadillos cole

  1. Abre o pan pola metade e rega cada cara cun chorriño de aceite de oliva.
  2. Coloca o xamón cocido, o aguacate e o queixo fresco laminados e tiras de tomate seco segundo guste.
  3. A gozar dun bocadillo exquisito!

Utiliza as palliñas reutilizables

Imagen bocadillos cole Texto 4

Dentro da Estratexia 6.25 de Mercadona para dicir si a seguir coidando o planeta, unha das accións que puxemos en funcionamento consiste en diminuír o plástico dos nosos envases eliminando o que non engada valor, reducindo, substituíndo por outros materiais ou reutilizando.

Imagen Texto 6 bocadillos cole

Un produto que adaptamos son as nosas palliñas reutilizables. Estas novas palliñas de cores pódense lavar na lavalouza e pódense reutilizar ata 10 lavados. Ademais, veñen envasadas nunha bolsa que se pode abrir e cerrar para que sempre as poidas ter gardadas.

Se tes dúbidas sobre como reciclar calquera dos nosos produtos, deixámosche uns sinxelos consellos para que reciclar sexa unha tarefa fácil, sinxela, cómoda e cotiá.

Outras recomendacións

Para preparar outro tipo de merendas con froitas, licuados e opcións doces, aquí che deixamos máis ideas para os máis pequenos.