Separar ben os residuos e ordenalos en contedores é fundamental para reciclar. Estes consellos básicos axudaranche a que reciclar sexa máis fácil e práctico.

Consellos básicos para reciclar

04 de septembro de 2020

A reciclaxe forma parte do noso día a día pero, sabemos realmente que residuos van en cada contedor? Dámosche uns sinxelos pasos para que reciclar sexa unha tarefa fácil, sinxela, práctica e cotiá.

Pasos básicos para reciclar mellor

1. Coloca os caldeiros do lixo diferenciados nun mesmo espazo: na cociña, rocho, garaxe ou soto, onde sexa máis práctico para ti.

2. Aprende a diferenciar os diferentes caldeiros e cores para non confundirte:

  • Contedor azul: papel e cartón e a bolsa do pan, aínda que leve esa pequena ventá de plástico.
  • Contedor verde: envases de vidro (acórdate que se leva tapa esta vai no contedor amarelo).
  • Contedor amarelo: envases lixeiros de plástico, latas, briks e papel de aluminio.
  • Contedor marrón: restos de comida e outros residuos orgánicos como o papel de cociña sucio ou restos de podar plantas. Importante! Utiliza bolsas compostables para este tipo de residuos.
  • Contedor gris: xoguetes e cueiros.
  • Ecoparque ou puntos limpos: electrodomésticos, mobles, roupa, calzado, aparatos electrónicos, pintura e outros residuos.

3. Diferenciar os contedores na casa é fundamental, ben con contedores ou con bolsas de distinta cor. Facilitarache o labor de separar e ordenar os residuos de forma máis rápida.

Con estes sinxelos pasos reciclar convértese nunha tarefa fácil e práctica, e contribuímos a mellorar e conseguir un ámbito máis sostible.

En Mercadona estamos traballando para que os produtos e envases leven o pictograma para saber en que contedor se teñen que depositar.

Ademais, nas nosas tendas estamos empezando a incorporar diferentes tipos de papeleiras para axudarche a separar correctamente e empezar a familiarizarnos cos tipos de contedores.

Onde depositar cada residuo?

Usa esta guía de cores para saber como separar os residuos no fogar. É unha tarefa fácil e sinxela que axuda a que os residuos se reciclen correctamente.

Imán reciclar MercadonaConceptos básicos de reciclaxe para separar os residuos.

Imán reciclar Mercadona

Descargar

 

E lembra! Separar ben axuda a reciclar mellor. Entre todos podemos!