Aclaramos varios conceptos básicos sobre a reciclaxe para axudarche a separar e a comprar mellor

4 conceptos básicos sobre a reciclaxe

02 de septembro de 2020

Hoxe en día escoitamos falar moito sobre a reciclaxe. A diario encontrámonos con termos que, a maioría das veces, non contan coas aclaracións suficientes. Así pois, non é raro que confundamos o sentido de palabras como “reciclable”, “reciclado”, “reutilizable” ou “compostable”. Novos conceptos para novos tempos, pero... significan o mesmo?, que é exactamente cada cousa?

Cada vez é máis frecuente escoitalos, sobre todo cando imos comprar ou cando separamos na casa. Algúns están bastante claros; outros, quizais non tanto. Por iso é importante aclarar as ideas, porque nos axudarán a separar mellor na casa e a facer unha compra mellor informada.

Compostable

Compostable.

Dicimos que un produto ou envase é compostable cando pode dar lugar a compost, é dicir, fertilizante orgánico de calidade. Esta é unha das principais diferenzas entre un material compostable e un biodegradable.

Un produto compostable debe depositarse no contedor de residuo orgánico, se o hai. Así, levarase a unha planta de tratamento industrial, na que, baixo unhas determinadas condicións, se transformará en fertilizante para dedicalo a usos agrícolas.

Reciclado e reciclable

No son o mesmo! Os envases que depositas no contedor amarelo van a unha planta de tratamento onde se converten en materia prima. Esta materia prima úsase para facer produtos reciclados: non se tiveron que empregar novos recursos naturais para fabricar estes produtos.

Un produto reciclable é a outra cara da moeda: está especificamente deseñado para que o seu material sexa aproveitado de novo tras pasar por un tratamento de reciclaxe. Non ten por que estar feito de material reciclado, pero si se poderá reciclar.

Reciclado.

Reciclable.

Reutilizable

O concepto de produto reutilizable é o máis fácil: está pensado para poder usarse unha e outra vez cun fin determinado, como levar a túa compra, sen ter que pasar por ningún tratamento especial intermedio. Só tes que lembrar levar a bolsa da casa!

Reutilizable.

Na transición cara á unha economía circular os consumidores temos moito que dicir e moito que achegar. Coñecer os conceptos clave axudaranos a todos a levar un estilo de vida cada vez máis sostible.

Reciclaje.