Resolvemos as dúbidas máis comúns acerca da utilización do contedor amarelo de reciclaxe.

Sabes utilizar o contedor amarelo de envases lixeiros?

09 de marzo de 2021

Tes dúbidas cos contedores de reciclaxe? Agora mesmo contamos con varios tipos de diferentes cores que nos permiten separar os residuos dunha maneira efectiva.

Pero pode que con tanta cor che xurdan dúbidas respecto a determinados residuos ou envases. Para facilitar as cousas, en Básicos da Reciclaxe imos explicarche como utilizar cada contedor. Empezamos co amarelo que, a pesar de que xa leva dúas décadas funcionando, é un dos que esperta maior confusión.

De feito, moitos de nós seguimos tendo dúbidas ao respecto. Imos resolvelas!

Que produtos debes depositar no contedor amarelo?

Basicamente, dentro do contedor amarelo debes tirar:

  • Envases lixeiros como botellas e botes de plástico, latas, briks...
  • Filme de plástico e papel de aluminio

Como debes tirar ao contedor as botellas de plástico?

Asegúrate sempre de que non queda nada de líquido no seu interior, comprímea e usa o tapón para cerrala.

Pero... os briks non conteñen cartón?

Si, o seu exterior é de cartón, pero o seu interior está composto de aluminio e plástico. Polo tanto... ao amarelo!

O papel de aluminio, as bolsas de aperitivos, tubos de pasta de dentes ou aerosois baleiros tamén se reciclan neste contedor.

Ah, e non esquezas separar as tapas dos envases de vidro, que tamén van ao contedor amarelo.

Atención a dous tipos de produtos que non van neste contedor

Estes son dous dos erros máis habituais no uso do contedor amarelo:

  • Cubertos de plástico: non son envase e os que compres en Mercadona, ademais, son reutilizables. O seu destino é o contedor gris cando remate a súa vida útil. É dicir, despois de moitos, pero que moitos usos.
  • Cápsulas de café: tampouco son envases, están tipificadas por lei como residuos alimentarios (xa que conteñen restos de café), así que é preferible depositalas nun punto limpo. En Mercadona estamos empezando a colocar nas nosas tendas contedores para as cápsulas de café, que enviaremos a reciclar.

Esperamos que resolvésemos as túas dúbidas acerca do contedor amarelo. Proximamente, máis información sobre outros contedores. E lembra: se separamos ben, reciclaremos mellor.