O tempo de cocción do marisco é unha das cuestións que máis preocupan á hora de preparar as diferentes variedades que existen.
Hai que ter en conta que non todos os mariscos requiren os mesmos minutos de cocción nin o mesmo tratamento.
Tanto no Nadal como durante case todo o resto do ano é frecuente o consumo de marisco nos nosos fogares e sempre se quere causar a mellor impresión. Así que vén ben ter á man unha guía que indique os detalles necesarios para conseguir unha óptima preparación.
Na seguinte táboa tes as proporcións de auga e sal que hai que utilizar, así como o tempo e a forma de cocción ideal para cada tipo de marisco.
Cocción do marisco, gramos de sal e tempo segundo o tipo
Consellos para a cocción do marisco e a súa preparación
- É recomendable cocer os mariscos en auga con abundante sal, na proporción que se indica na táboa de tempos de cocción (unha cullerada sopeira de sal = 15-20 gramos).
- Podemos engadirlle á cocción unhas follas de loureiro segundo nos guste, para aproveitar o seu toque aromático e o seu sabor suave.
- A forma de cocción varía dependendo do tamaño do crustáceo e de se está vivo ou morto: se o marisco é de gran tamaño ou está vivo, poñerémolo directamente na auga fría, boca abaixo e iremos subindo o lume pouco a pouco. Se, pola contra, o marisco é de menor tamaño ou está morto, botarémolo á auga cando esta ferva.
- Lagostino, lumbrigante e lagosta: tal como indica a táboa, unha vez cocido hai que botalo rapidamente nun recipiente con auga moi fría (se é posible con xeo) e engadímoslle un pouco máis de sal.
- Ameixas, berberechos e mexillóns: tal como indica a táboa, cocer ao vapor, con medio dedo de auga e, segundo vaian abrindo, retirar.
- Boi, nécora e centola: cocer nunha pota grande duns 5 litros. Se se desexa, o boi podemos deixalo temperar e consumir frío, e a centola está deliciosa quente.
- Pódense acompañar os mariscos con salsa cóctel, unha combinación perfecta.
Os tempos ideais de cocción segundo o tipo de marisco son os seguintes. Sigue en todo momento o resto das indicacións que recolle a táboa para cada caso.
- Ameixas
Débense cocer con auga durante 3-4 minutos. - Berberechos
Débense cocer en auga durante 3 minutos. - Mexillóns
Débense cocer en auga durante 3-5 minutos. - Lagostino mediano
Débese cocer en auga durante 1-2 minutos. - Lagostino grande
Débese cocer en auga durante 2-3 minutos. - Lumbrigante mediano
Débese cocer en auga durante 20 minutos. - Lumbrigante grande
Débese cocer en auga durante 25-30 minutos. - Corpos e bocas
Débense cocer en auga durante 6 minutos. - Lagosta
Débese cocer en auga durante 20 minutos. - Boi mediano
Débense cocer en auga durante 18 minutos. - Boi grande
Débense cocer en auga durante 20 minutos. - Nécora mediana
Débense cocer en auga durante 5 minutos. - Nécora grande
Débense cocer en auga durante 6-7 minutos. - Centola mediana
Débese cocer en auga durante 15 minutos. - Centola grande
Débese cocer en auga durante 18 minutos.
Outras recomendacións
Recomendámosche as nosas Receitas especiais para este Nadal, que inclúen unha boa selección de pratos de peixe e marisco.