Unhas receitas saborosas e divertidas para celebrar a noite de Halloween.

Receitas para Halloween, están “de medo”!

26 de outubro de 2021

Todo preparado para celebrar Halloween? Propoñémosche catro divertidas receitas para unha noite sorprendente de risas terroríficas. Será unha cea inesquecible na que toda a familia e amigos o pasaredes xenial.

Ademais, son receitas moi orixinais e apetitosas, salgadas e doces para que haxa variedade e poidades completar a vosa cea. Propostas para dipear, pizzas, cremas e tortas. Toma boa nota, son moi fáciles de preparar.

Catro receitas para Halloween

Cemiterio de nachos

Imagen Texto 1 recetas Halloween 2021

  • Nunha tixola, refoga 250 g de carne picada e bótalle sal e pementa.
  • Engade 1 cullerada sopeira de allo en po e 7 u 8 liscos de jalapeños.
  • Coloca ½ bolsa de nachos nunha bandexa para forno e estende a carne sazonada sobre estes.
  • Incorpora 1 bote de salsa mexicana sobre a carne e os nachos e cubre con 1 bolsa de queixo relado.
  • Pono a gratinar por espazo de 60 segundos.
  • En canto saian, engade 1 bote de guacamole sobre eles e estende lixeiramente.
  • En 2 tortillas de trigo, recorta diferentes formas: de lápida, árbore, etc.
  • Méteas no forno ata que douren e, a continuación, decóraas segundo vos guste con colorante alimentario.
  • Coloca todas as formas na superficie e... listo para dipear!

Crema de cabaza

Imagen Texto 2 recetas Halloween 2021

  • Nunha cazola pon 500 g de cabaza pelada, sen pebidas e en anaquiños, xunto con 1 pataca doce e 4 cenorias peladas, e en anacos.
  • Engade 400 ml de auga ou de caldo de verduras e deixa ferver ata que estea cocido.
  • Retira o caldo da cocción e tritura todo o conxunto xunto cun chorriño de aceite de oliva e un bo chorro de leite de coco. Incorpora a auga da cocción pouco a pouco ata conseguir a textura desexada (máis espesa ou máis lixeira) e axusta de sal.
  • Sirve nun prato e decora cunha espiral de leite de coco, que romperemos cun escarvadentes de maneira que pareza unha tea de araña.

Torta de cabaza

Imagen Texto 3 recetas Halloween 2021

  • Quenta o forno a 180º.
  • Desenvolve a masa quebrada sobre o seu papel e pícaa por toda a superficie, con axuda dun garfo. Forra o molde de torta (duns 22cm de diámetro) coa masa quebrada e métea no forno durante 12 minutos. Reserva.
  • Nun cunco tritura 300 g de cabaza cocida xunto con 80 g de azucre, 3 ovos, un chisco de sal, 1 culleradiña de canela, ½ de noz moscada, ½ de xenxibre e 200 ml de nata.
  • Verte a mestura sobre a masa quebrada e métea no forno sobre 30 minutos, comprobando cun coitelo ou escarvadentes que ao sacalo sae limpo.
  • Cubre a superficie con confeitura de cabaza. Decora con motivos de Halloween feitos con chocolate fundido nunha manga pasteleira.

Momia Calzone

Imagen Texto 4 recetas Halloween 2021

  • Nunha masa fresca para pizza, coloca o recheo no centro, deixando os laterais e a zona superior da masa libres.
  • O recheo compoñerase de: 1 bote de tomate frito, 1 paquete de mozzarella, 1 bote de queixo ricotta e unhas tiras de salame.
  • Nos laterais da masa que deixamos libres, fai uns cortes a modo de tiras.
  • Cubre o recheo coas tiras que cortamos, como se fose unha vendaxe, con firmeza, pero sen premer. Decora a zona superior con tomate e rodas de oliva a modo de ollos.
  • Quenta o forno á máxima potencia e déixao arredor de 20 minutos.

Outras recomendacións

Se buscas opcións doces para Halloween non perdas as nosas larpeiradas e chocolates máis terroríficos