Queres aprender a preparar unha merenda terrorífica? Con estas Galletas de Halloween vas sorprender á familia e amigos, tanto aos maiores como aos máis pequenos da casa.
Anímate, estas galletas con forma de fantasma son moi fáciles de facer, sobre todo coa nosa guía paso a paso. E o mellor é que están de medo!
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Galletas de Hallowen
Ingredientes:
- 2 ovos
- 250 g de mel
- 5 ml de aroma de vainilla
- 200 g de manteiga
- 1 cullerada de fermento
- 50 g de cacao en po
- 450 g de fariña
- Papel vexetal
Para a glasa:
- 1 clara de ovo
- 250 g de azucre glas
- 1 pastilla de chocolate negro para fundir
- 2-3 pingas de limón
Paso a paso:
- Botar nun bol os ovos, a mel e o aroma de vainilla.
2. Bater.
3. Engadir a manteiga e volver bater.
4. Coar a fariña, o cacao e o fermento.
5. Mesturar coas variñas e coas mans.
6. Facer unha bóla coa masa e deixar repousar 30 minutos na neveira.
7. Para a glasa: mesturar a clara de ovo, o azucre glas e unhas pingas de limón. Bater e reservar.
8. Sacar a masa e amasar.
9. Dar forma á masa co molde, retirar o sobrante e empregar para facer máis galletas.
10. Enfornar 10 minutos a 200 graos.
11. Arrefriar e decorar coa glasa.
12. Facer ollos co chocolate fundido.
E desfrutar dunha merenda terrorífica….
Outras recomendacións
Se queres coñecer máis pratos para as túas comidas e ceas visita a nosa sección de Receitas.