Grazas ao noso modelo de coinnovación ou innovación conxunta cos nosos clientes conseguimos mellorar a calidade das nosas bebidas alcohólicas nas diferentes categorías de:
- Whisky
- Xenebra
- Vodka
- Vermú
- Brandy
- Cremas
- Augardentes
Como melloramos a calidade das nosas bebidas alcohólicas?
Dúas liñas de actuación principais permitíronnos elevar a calidade nestes produtos:
- Escoitar os nosos clientes, en diferentes momentos e lugares de consumo, tendo en conta a súa opinión.
- Traballar da man de provedores especialistas. Neste sentido, aumentamos o número de provedores de 3 a 24.
Que melloras introducimos nas nosas bebidas alcohólicas?
Destacamos as seguintes melloras de calidade:
- Mellora de sabor: cando falamos de calidade en bebidas alcohólicas referímonos sobre todo ao sabor que o cliente espera encontrar en cada unha delas. Por exemplo, no caso do Whisky podemos encontrar sabores máis suaves ou máis intensos. Non obstante nas Cremas, a calidade valóraa o cliente cando encontra a cremosidade, a dozura e o sabor concreto de cada unha delas.
- Incorporación da data de caducidade: entre as melloras de calidade realizadas destacamos a incorporación da data de caducidade nos Vermús e nas Cremas de licor, para garantir a súa máxima calidade.
- Novos sabores en Xenebra: grazas ao aumento de provedores especialistas cos que traballamos puidemos cubrir as necesidades dos nosos clientes e desenvolver outros sabores como é o caso da nova Xenebra Floral. Unha xenebra con dúas características principais:
- Parte do seu alcohol provén do viño albariño.
- Leva unha achega de 15 botánicos elaborados artesanalmente.
- Melloras no envoltorio: realizamos cambios no envoltorio. Por un lado, o deseño das nosas botellas é agora máis atractivo, como no caso do Vodka. Por outro lado, no das Cremas unificamos o deseño de todas elas, para que os nosos clientes poidan encontralas máis facilmente no noso lineal.
- Melloras en todas as categorías: tamén logramos a mellora de calidade nas categorías de Brandy, Vermú e Augardentes grazas ao traballo realizado cos nosos provedores especialistas.
Outras recomendacións
Descubre a nosa ampla selección de Cervezas e as súas melloras de calidade.