Celebra Halloween coas larpeiradas e cos chocolates máis terroríficos e divertidos.

Halloween, doce e terrorífico!

14 de outubro de 2022

Xa falta pouco para Halloween, que nervios! É, probablemente, a noite máis divertida do ano, todos o pasamos “de medo”!

Nesta festa tan internacional e terrorífica non poden faltar os disfraces, as cabazas, as caveiras, os sorrisos, os amigos e, como non, os doces para darlle sabor á celebración. Porque non existe Halloween sen doces…

Este ano, Halloween volve a Mercadona con algunhas novidades e un deseño actualizado. Atención ás nosas suxestións de larpeiradas e chocolates para os pequenos (e non tan pequenos…). Ideais para adozar momentos arrepiantes, sempre con moderación, para regalar e compartir con amigos e familia.

Halloween, ¡dulce y terrorífico!

Cesta de larpeiradas

Unha arrepiante cesta de Halloween con diferentes larpeiradas de variadas formas e sabores: piruletas, dentaduras, figura de chocolate, minicabaza, pés pica e nubes.

Lévaa contigo nas aventuras da noite de Halloween, é perfecta para ir recoller as larpeiradas cos teus. Será o complemento perfecto para o teu disfrace, que este ano chega cun esqueleto e arañas ao máis puro estilo “Día dos Mortos”.

Cabaza e Catrina de Chocolate

Dúas figuras típicas de Halloween. Sen glute.

  • Figura de chocolate con leite con forma de cabaza.
  • Figura de chocolate branco con forma de Catrina mexicana.

Con deseños orixinais, indicadas para regalar ou degustar nesta noite tan especial.

Selección de chocolate

Bolsa cunha deliciosa selección de figuras de chocolate con leite para os amantes do chocolate. Compárteas ou regálaas no xogo de truco ou trato, este ano volven sen glute!:

  • Figuras de chocolate con leite presentadas en envoltorios de esqueletos, fantasmas, monstros ou arañas.
  • Bombóns de chocolate con leite con recheo de praliné (abelás e améndoas) envoltos en paquetiños con ilustracións de ollos e cabazas.
  • Bombóns brancos recheos de trufa fantasía con envoltorios deseñados con lúas, nubes e morcegos.

Halloween, ¡dulce y terrorífico!

Piruletas

Piruletas de chocolate con leite en formato individual cun debuxo de Halloween e pau de papel. Conta con tres tipos de piruleta: cabaza, vampiro e Catrina.

Elixe a que máis che guste e goza de todo o seu sabor.

Selección de larpeiradas

Selección de larpeiradas individualizadas de varias formas e sabores. Encontra no seu interior ollos con recheo, miniósos, minivermes, minifiguras, novas tarántulas terroríficas, caramelos vampiro, dentaduras, dippers e gomas de mascar de melón.

Compárteas con amigos ou en familia, para gozar un momento doce e divertido. Todos os produtos libres de glute!

Espetos Larpeiradas

Dous tipos de espeto con variada decoración tenebrosa. Sabor agradable e esponxosidade nunha nube doce multicolor.

Vasiños

Os nosos vasiños especiais de Halloween volven con tres deseños diferentes. Elixe entre o fantasma, a cabaza e a Catrina.

Moi coloridos e con lambetadas no interior que te sorprenderán. E cando o vasiño se acaba, pódese reutilizar para incorporalo á vaixela da casa e darlle múltiples usos.

Halloween, ¡dulce y terrorífico!

Boo! Mix

É a novidade deste ano! Unha bolsiña de larpeiradas terroríficas na que podemos encontrar diferentes doces: ollos, cerebros, caveiras, cabazas e dedos pica pica.

Para que as goces cando queiras (sen abusar!) e as compartas mentres celebrades Halloween.

Outras recomendacións

Prepara unhas divertidas Galletas de Halloween con forma de fantasma. Sigue a nosa receita paso a paso!

Gústache a pizza? Prepara as pizzas que máis pegan con esta data: Minipizzas de Halloween!

Aínda temos máis receitas de Halloween, moi divertidas, orixinais e fáciles de preparar. A ver cal che gusta máis!