Aprende a preparar 3 receitas con sandía, unha froita imprescindible no verán.

Sandía: receitas co sabor refrescante do verán

03 de xullo de 2024

Sen dúbida, a sandía é unha das raíñas do verán. Ao seu doce e refrescante sabor hai que engadir que está repleta de beneficios saudables e moita versatilidade na cociña.

Ten un alto valor nutricional e, debido ao seu alto contido en auga, a sandía é perfecta para manter a túa hidratación e revitalizarte nos días calorosos. Ademais, o seu baixo contido calórico e a súa riqueza vitamínica convértea nun imprescindible da alimentación equilibrada. En Mercadona dispós dunha sandía baixa en sementes, que podes encontrar con pel lisa e raiada.

A primeira opción para obter todos os seus beneficios é consumila soa, pero se queres integrala nos teus pratos de forma creativa ofrece moitas posibilidades. Dende ensaladas, picados e smoothies ata sobremesas e pratos principais, a sandía adáptase a unha ampla variedade de receitas deliciosas e nutritivas. Queres coñecer algunhas?

3 deliciosas e creativas receitas con sandía

Sandía con iogur (para 2 persoas)

Sandía con yogur, receta creativa con Sandía

1. Nun cunco, mestura 100 g de azucre, 100 g de manteiga e 150 g de fariña, traballando a mestura ata que consigas unha textura areenta similar a un crumble.

2. Estende a mestura nunha bandexa do forno cuberta con papel vexetal e métea no forno durante, aproximadamente, 15 minutos a 180 ºC.

3. Corta a cantidade de sandía que queiras en triángulos medianos e colócaos na base dun prato.

4. Engade unha cullerada de iogur grego natural sobre cada porción de sandía.

5. Decora por enriba con arandos, framboesas e kiwi cortado en cubos.

6. Finalmente, esparexe co crumble esmiuzado.

Ensalada de sandía (para 2 persoas)

Ensalada de sandía, receta creativa con Sandía

1. Corta 200 g de sandía en láminas pequenas e delgadas, e distribúeas sobre a base do prato de presentación.

2. Corta unha cebola vermella á xuliana; cun coitelo pica 20 g de abelás; e pela e limpa de pebidas 1 tomate antes de cortalo en cubos.

3. Prepara unha vinagreta mesturando nun cunco as abelás picadas, o tomate en cubos, 30 g de grana padano relado, 1 limón espremido, un chorriño de aceite, outro de vinagre de viño branco e un pouco xenxibre relado.

4. Adereza a sandía coa vinagreta e sazónaa con sal e pementa segundo vos guste.

5. Completa a ensalada, ben sexa en cada prato ou nunha ensaladeira, con rodas de olivas negras, a cebola vermella, 100 g de eiruga e algúns liscos adicionais de grana padano.

Picado de sandía (para 2 persoas)

Granizado de Sandía, receta creativa de sandía

1. Quenta nun cazo 375 ml de auga e disolve por completo nela 185 g de azucre. Deixa arrefriar.

2. Tritura 1,5 kg de sandía cun batedor.

3. Mestura a sandía triturada coa auga azucrada, incorpora 60 ml de zume de limón e verte todo nunha fonte plana.

4. Coloca a fonte no conxelador durante aproximadamente 4 horas. Despois, remove a mestura cun garfo e volve poñela no conxelador.

5. Repite esta operación cada hora para eliminar os cristais de xeo.

6. Finalmente, sirve o picado de sandía decorado cunhas follas de hortelá.

Outras recomendacións

Aquí tes outra deliciosa e refrescante receita con esta froita: Gaspacho de sandía con cubiños de limón e xenxibre.

Se prefires o melón, tamén tes a nosa Sopa fría de melón, unha receita ideal para combater a calor.

A nosa Froita do verán ofréceche moitas máis posibilidades; receitas con piña, con figos...

Buscas unha opción estival máis cómoda sen renunciar ás propiedades da froita? Recomendámosche as nosas receitas con Froita conxelada.